OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica

Image removed.

  OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.

Obxectivos previstos: 

O obxectivo da operación é aumentar a capacidade asistencial e acometer unha modernización tecnolóxica mediante o uso de ferramentas TICs dos procedementos vinculados á xestión do catálogo galego de servizos sociais contemplado na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia. Implicará unha mellora na xestión de todos os servizos sociais que van dende a atención a maiores a axudas no fogar, teleasistencia social, apoio á movilidade persoal, protección social de persoas en situación de desamparo, prestacións económicas (rentas de inclusión social, axudas de emerxencia social, cheques-servizo, axudas a mulleres vítimas de violencia de xenero.
 
Os sistemas que se prevé implementar redundarán en beneficio dos cidadáns en dous aspectos. Un, como medio para prestarlles un mellor servizo fomentando o uso, calidade e accesibilidade aos servizos públicos en liña. Noutro aspecto, empregando as TIC coma un instrumento para facilitar unha vida digna e autónoma, así como facilitar as actuacións dos membros máis vulnerables da sociedade, que se consigue a través da continuidade asistencial que posibilita o desenvolvemento da Historia Social Única e a integración das actuacións recollidas nos distintos ámbitos xestionados polos diversos sistemas (tanto en centros infantiles, como en centros sociales, como en ámbitos de discapacidade, dependencia, prestacións, inclusión...)  
 

Contratos licitados: 

1. 16/2016 - Servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información de xestión de Escolas Infantís

  • O obxecto da contratación do servizo é o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de xestión de Escolas Infantís (ESCINF)
  • O importe de licitación ascende a un total de  2.320.175,00 € para os exercicios 2016, 2017 e 2018.

2. 20/2016 - Servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información de Historia Social Única Electrónica

  • O presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de Historia Social Única Electrónica
  • O importe de licitación ascende a un total de  451.330,00 € para os exercicios 2016, 2017 e 2018.

3. 27/2016 - contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de centros da área de política social da Xunta de Galicia

  • O presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información dentro da área de Solucións Sectoriais da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, en particular do sistema de información centralizado e corporativo que soporte os requisitos de xestión e prestación asistencial dos centros dependentes da Xunta de Galicia na área de servizos sociais
  • O importe de licitación ascende a un total de  1.754.500,00 € para os exercicios 2016, 2017 e 2018.