A Xunta pon en marcha o procedemento para contratar novos contidos para a educación dixital a partir do curso 24-25
A Xunta pon en marcha o procedemento para contratar novos contidos para a educación dixital a partir do curso 24-25
A Xunta de Galicia destinará un máximo de 10,295 millóns de euros á contratación de tres lotes diferentes de contidos dixitais para as diferentes materias dos currículos educativos dos cursos entre 5º de primaria e 4º da ESO. O Consello de Goberno aprobou hoxe a activación do procedemento para a contratación destes contidos, que inclúen as modificacións previstas e serán postos á disposición da comunidade educativa non universitaria que participa no proxecto Abalar E-Dixgal. O contrato convócase para dous anos que se poderán prorrogar dous máis.