O Plan Digitalent da Amtega e Arkitas traen ao Gaiás a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño
O Plan Digitalent da Amtega e Arkitas traen ao Gaiás a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Arkitas Robótica S.L., en calidade de aliado dixital da Xunta, traen ao Gaiás a World Robot Olympiad – Galicia do ano 2019 (WRO – Galicia). Esta actividade enmárcase nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais.