A Xunta estuda novas liñas de colaboración coa asociación PuntoGal
A Xunta estuda novas liñas de colaboración coa asociación PuntoGal
A Xunta de Galicia analizará novas novas liñas de colaboración coa Asociación PuntoGal, segundo avanzou hoxe a directora da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Rosa Méndez, na apertura do encontro dos Geotlds, esta mañá en Santiago de Compostela.
Geotlds, integra arredor de 90 rexistradores de dominios de cidades, rexións ou comunidades lingüísticas, que abordarán ata o día 13 diferentes temas de interese para o colectivo como a lexislación relativa á protección de datos, ou liñas estratéxicas de márketing.