A Xunta fomenta o uso das TIC entre as rapazas para superar a actual fenda dixital de xénero e aproveitar o talento feminino

A Xunta fomenta o uso das TIC entre as rapazas para superar a actual fenda dixital de xénero e aproveitar o talento feminino

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, interviñeron hoxe no acto de celebración do ‘Día Internacional das Rapazas nas TIC’, organizado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Axencia Galega de Innovación e no que tamén participou o seu director, Manuel Varela.

A Comisión Europea elixe o programa de Voluntariado Dixital da Xunta como exemplo de boa práctica para a inclusión social a través das TIC

A Comisión Europea elixe o programa de Voluntariado Dixital da Xunta como exemplo de boa práctica para a inclusión social a través das TIC

A Comisión Europea vén de anunciar que o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta será obxecto dun seminario Peer Review a nivel europeo como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC.

O Plan de Banda Larga da Xunta facilita a conexión a internet con velocidades de 100 megas a preto de 200 centros educativos

O Plan de Banda Larga da Xunta facilita a conexión a internet con velocidades de 100 megas a preto de 200 centros educativos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en 6 centros educativos das provincias de Coruña, Pontevedra e Ourense, que se suman aos 193 centros aos que xa se lles facilitara o acceso a esta tecnoloxía no último ano.

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta e o Concello de Santa Comba promoven unha web que recolle a historia do municipio desde 1900

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta e o Concello de Santa Comba promoven unha web que recolle a historia do municipio desde 1900

“Santa Comba na Memoria” é unha web para o recordo e un repaso a historia do século XX do municipio xalleiro, que desde hoxe está accesible na dirección http://www.santacombanamemoria.es. Esta iniciativa foi posible grazas ao traballo dun voluntario do Programa de Voluntariado dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en estreita colaboración co concello e coa imprescindible achega dos veciños e as empresas do municipio.

A rede de aulas CeMIT, candidata aos premios de internet 2013 organizados pola plataforma ‘diadeinternet.org’

A rede de aulas CeMIT, candidata aos premios de internet 2013 organizados pola plataforma ‘diadeinternet.org’

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de presentar a candidatura da Rede de Aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) aos Premios de Internet 2013, organizados pola plataformawww.diadeinternet.org e que teñen por obxectivo recoñecer aquelas Iniciativas, persoas ou organizacións que máis se destacaron, no último ano, no bo uso de Internet e as TIC na súa respectiva categoría.

A Xunta convoca axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por microempresas para o uso das TIC

A Xunta convoca axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por microempresas para o uso das TIC

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 546.000 euros aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para o periodo 2013.

A Xunta renova o seu apoio a Asociación puntoGal na recta final do proceso para conseguir o dominio galego na rede

A Xunta renova o seu apoio a Asociación puntoGal na recta final do proceso para conseguir o dominio galego na rede

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Asociación puntoGal, Manuel González, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. A Amtega achega este ano 9.000 euros á Asociación para financiar trámites e xestións relativos á candidatura.

A Xunta facilita o acceso das persoas xordas á administración través do servizo de videointerpretación

A Xunta facilita o acceso das persoas xordas á administración través do servizo de videointerpretación

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica Galicia (Amtega) destina este ano 64.0000 euros ao servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, nas delegacións territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol e a través do portal corporativo. Así se recolle nun convenio asinado recentemente entre a Amtega e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

A Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite

A Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite

A Xunta pon en marcha a segunda convocatoria de axudas para contratar Internet vía satélite para familias e pemes das zonas con máis dificultades de cobertura, nas que non é posible acceder á rede a través doutra tecnoloxía. Esta medida, que tivo unha primeira convocatoria en 2012, é unha das actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta para facilitar o acceso a Internet a todos os galegos.

A 14ª Edición de Xuventude Galicia Net abre as súas portas con 1.000 inscritos e cunha programación enfocada ao emprendemento

A 14ª Edición de Xuventude Galicia Net abre as súas portas con 1.000 inscritos e cunha programación enfocada ao emprendemento

A décimo cuarta edición do Xuventude Galicia Net (XGN) abre hoxe as súas portas para os 1.000 inscritos, así como para todas as persoas que queiran achegarse ata as actividades abertas ao público. Desde hoxe e ata o domingo a programación do evento centrarase no emprendemento e nas oportunidades laborais baseadas nas novas tecnoloxías.