A Xunta e o concello de Curtis colaboran para facilitar o acceso a internet aos veciños de tres parroquias sen cobertura
A Xunta e o concello de Curtis colaboran para facilitar o acceso a internet aos veciños de tres parroquias sen cobertura
A sinatura dun convenio entre a Xunta e o Concello de Curtis permitirá facilitar o acceso a internet a 45 veciños das parroquias de Santa Eulalia e Santa María que carecen deste servizo. En concreto, beneficiaranse desta medida os habitantes dos núcleos de Gulpilleira, Maques de Abaixo e Porto.