O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza xunto a Red.es a quinta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto. En febreiro, #MesD centrarase na adquisición de competencias persoais para a transformación dixital con catro actividades: ¨”Creatividade e innovación” (4 de febreiro); “Pensamento crítico” (11 de febreiro); “Resolución de problemas complexos” (18 de febreiro); e “Xestión de persoas” (26 de febreiro).
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou hoxe unha visita á empresa TMC Cancela, especializada en maquinaria agrícola e forestal, da que destacou que sexa un exemplo de industrialización do rural galego. A compañía, sita en Tordoia, conta cunha capacidade de produción que supera as 2.000 unidades ao ano
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá martes o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 2 de marzo e rematará o 24 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes.
O certificado de acreditación da lingua galega (CELGA) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou o Goberno galego hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga (ao Celga 5 só se pode acceder mediante a validación de estudos universitarios de especialidade en galego).
O programa ‘DigiCraft non teu cole’, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Amtega e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Fundación Vodafone España celebran hoxe unha xornada a formación do segundo itinerario do programa na que participan os 100 docentes implicados. DigiCraft é un innovador programa formativo que desenvolve as competencias dixitais a través do xogo e a experimentación dos nenos e nenas galegos de 6 a 12 anos e que comezou a súa andaina a finais de outubro.