A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) un total de 410 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX).
A sinatura dos contratos que garantan a prestación de servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos; o desenvolvemento do modelo de colaboración público-privada iniciado coa creación do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal; a inminente construción do Centro de Ciberseguridade de Galicia, e iniciativas para concienciar á cidadanía, forman parte do esquema de colaboración e reforzo co que a Xunta de Galicia afronta os retos de seguridade asociados á tranformación dixital da sociedade.
A Xunta de Galicia comeza esta semana o reparto de 14.502 ordenadores portátiles cun bono de datos para a conexión a internet aos centros educativos públicos da Comunidade, destinados a alumnado en situación de risco de exclusión tecnolóxica.
Esta medida, denominada Posto educativo no fogar, enmárcase no programa Educa en Dixital Galicia, que foi asinado pola Xunta de Galicia, Red.es e o Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de fondos FEDER e coa cofinanciación da comunidade autónoma
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) activa a partir de mañá o programa Tecnólogo por un día JUNIOR dirixido a estudantes de 12 a 14 anos. Os nenos e nenas interesados en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 28 de abril desde os centros educativos, a través do persoal docente.
Sesións online áxiles e dinámicas