A Xunta lanza a aplicación PassCOVID que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria
A Xunta lanza a aplicación PassCOVID que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria
A aplicación PassCOVID está xa dispoñible desde hoxe para os dispositivos con sistema operativo iOS e en proceso de publicación para os móbiles con sistema operativo Android, coa previsión de que estea accesible para a súa descarga a principios de semana. De descarga voluntaria, a aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa residente ou transeúnte. Conectada directamente co Servizo Galego de Saúde PassCOVID é un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns.