Vázquez Abad asina un convenio de colaboración coa Fundación Penzol para a dixitalización dos fondos bibliográficos e documentais

Vázquez Abad asina un convenio de colaboración coa Fundación Penzol para a dixitalización dos fondos bibliográficos e documentais

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, actuando na súa condición de Presidente do Padroado da Fundación Cidade da Cultura, e o presidente da Fundación Penzol, Alfoso Zulueta de Haz, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a conservación e difusión dos fondos bibliográficos e documentais da entidade a través da súa dixitalización.

O programa Voluntariado Dixital acadou en seis meses a adhesión de máis de 200 persoas voluntarias e 74 empresas, asociacións, concellos e organismos públicos

O programa Voluntariado Dixital acadou en seis meses a adhesión de máis de 200 persoas voluntarias e 74 empresas, asociacións, concellos e organismos públicos

Desde a posta en marcha o Programa Voluntariado Dixital, o 1 de febreiro, ata o 31 de xullo, un total de 42 entidades de acción voluntaria, 13 organismos colaboradores e 19 empresas do sector tecnolóxico asinaron os protocolos de colaboración nos que se establece a súa participación no Programa de Voluntariado Dixital.

A Sede Electrónica da Xunta xa ten dispoñibles preto de 440 procedementos para tramitar de xeito telemático

A Sede Electrónica da Xunta xa ten dispoñibles preto de 440 procedementos para tramitar de xeito telemático

A Xunta de Galicia vén desenvolvendo un conxunto de medidas a través da Axenda Dixital 2014.gal para avanzar cara unha Administración electrónica capaz de ofrecer a cidadáns e empresas uns servizos eficientes e próximos mediante o emprego das tecnoloxías da información. Para a acadar este obxectivo o Goberno galego, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, está a desenvolver desde mediados de 2010 o Plan de Modernización da Administración Pública.

A Xunta de Galicia ultima a posta en funcionamento do Portal do Investidor

A Xunta de Galicia ultima a posta en funcionamento do Portal do Investidor

A Xunta de Galicia ultima a posta en funcionamento do Portal do Investidor, unha ferramenta web que facilitará un aumento da transparencia en xeral coa cidadanía e en especial cos investidores de débeda pública, segundo explicou hoxe o director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Facenda, Manuel Galdo.

Máis de 190 centros educativos comezarán o novo curso académico con conexións a internet con velocidades de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 190 centros educativos comezarán o novo curso académico con conexións a internet con velocidades de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completará nas vindeiras semanas a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en 4 centros educativos das provincias de Coruña, Pontevedra e Lugo, que se suman aos 187 centros aos que xa se lles facilitara o acceso a esta tecnoloxía no último ano.

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

Máis de mil trescentas persoas participaron nas primeiras actividades do Programa Multimedia e Audiovisual do Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT

Máis de mil trescentas persoas participaron nas primeiras actividades do Programa Multimedia e Audiovisual do Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT

As aulas CeMIT de corenta e oito concellos galegos acolleron do 7 de maio ao 25 de xuño catro microactividades relacionadas co sector multimedia e audiovisual nas que participaron un total de mil trescentas dezaoito persoas. As actividades, que eran de carácter gratuíto, formaban parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

O 58% dos fogares galegos teñen contratado o servizo de conexión a internet, un 19% máis que a comezos do ano 2010

O 58% dos fogares galegos teñen contratado o servizo de conexión a internet, un 19% máis que a comezos do ano 2010

O 58,3% dos fogares galegos ten contratada conexión a Internet, o que supón un incremento do 19,2% desde principios do ano 2010. Este indicador creceu en Galicia o dobre que no conxunto do Estado, reducindo en 4,6 puntos a fenda dixital respecto da media estatal.

En canto ao tipo de conexión o 55,9% dos fogares galegos conéctase a Internet mediante banda larga, un 20,2 máis que en 2010. Ao igual que no caso anterior o crecemento deste indicador na Comunidade duplica a media estatal. 

As microempresas do rural poden solicitar ata o 21 de setembro as axudas deste ano para implantar as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio

As microempresas do rural poden solicitar ata o 21 de setembro as axudas deste ano para implantar as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio

A Xunta destinará ata 2014 un total de 1.323.000 euros a axudas a microempresas asentadas no ámbito rural para que poidan implantar as TIC no seu modelo de negocio. O prazo para solicitar as subvencións correspondentes a este ano estará aberto ata o 21 de setembro.

Turismo de Galicia presenta en Vigo un software pioneiro no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos

Turismo de Galicia presenta en Vigo un software pioneiro no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos

En Vigo hai 49 hoteis e 39 pensións, mentres que na totalidade da provincia de Pontevedra existen 402 establecementos hoteleiros e un total de 261 pensións, segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas. No conxunto da comunidade autónoma, a cifra de hoteis é de 884 e a de pensións de 1.181. Co obxectivo de mellorar o sistema de xestión interna dos establecementos hostaleiros de toda Galicia, o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia – IET de Galicia- vén de deseñar unha ferramenta pioneira de xestión de establecementos hostaleiros.

Santiago acollerá o 20 de setembro a conferencia final do proxecto europeo sobre tecnoloxías da información aplicadas ao desenvolvemento turístico ‘I-Speed’ do que forma parte a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Turismo

A secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, e mais o subdirector de Ordenación, Inspección e Planificación Turística, José Luís Maestro Castiñeiras, informaron hoxe sobre a celebración o vindeiro día 20 de outubro dunha conferencia internacional que servirá como peche ao proxecto I-Speed, un traballo conxunto levado a cabo por un partenariado de dez socios procedentes de nove países europeos sobre as Políticas da Sociedade da Información para un Desenvolvemento Sostible Europeo.