Galicia é a sexta Comunidade Autónoma con maior número de empresas do sector TIC

Galicia é a sexta Comunidade Autónoma con maior número de empresas do sector TIC

No que vai de ano o número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 1.976 e experimentou un crecemento dun 4,2% respecto a 2011. Isto sitúa a Galicia como a sexta Comunidade Autónoma con maior número de empresas do sector TIC e supera o ritmo de crecemento do número  de empresas tecnolóxicas a nivel estatal (3,2%).

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha a terceira edición de “Navega con Rumbo” para a prevención do ciberacoso

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha a terceira edición de “Navega con Rumbo” para a prevención do ciberacoso

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha a terceira edición do programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo que se desenvolverá a través de 200 accións formativas. O programa ten como obxectivo á formación do alumnado nas boas practicas no uso das TIC, para previr o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e facer un uso responsable das redes sociais.

Permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas á V edición do premio ao mellor proxecto Fin de Carreira con Software Libre

Permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas á V edición do premio ao mellor proxecto Fin de Carreira con Software Libre

O prazo de presentación de candidaturas á V edición do Premio ao mellor proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, organizado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro.

Poden presentarse todos os proxectos de fin de carreira que presentados no Sistema Universitario Galego en calquera das convocatorias nos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012, incluídos polo tanto os de setembro de 2012.

O Centro Demostrador de Galicia celebra un ciclo de talleres para achegar a tecnoloxía ás pemes

O Centro Demostrador de Galicia celebra un ciclo de talleres para achegar a tecnoloxía ás pemes

O Centro Demostrador TIC de Galicia, acollerá en outubro un ciclo de talleres, baixo o título “Construíndo unha peme dixital”, cuxo obxectivo é ofrecer unha capacitación gradual en novas tecnoloxías a autónomos e micropemes, desde un coñecemento básico ata un nivel de consolidación que permita aos empresarios mellorar o seu negocio a través dun uso estratéxico do TIC.

Galicia rexistra en 2012 o maior aumento de fogares con conexión a internet dos últimos catro anos e case triplica o incremento do conxunto do Estado

Galicia rexistra en 2012 o maior aumento de fogares con conexión a internet dos últimos catro anos e case triplica o incremento do conxunto do Estado

Os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2012 indican que conexión a Internet está presente no 63% dos fogares galegos, un 18,2% máis que en 2011. Deste xeito Galicia acurta distancias coa media estatal que está no 67,9%.

O programa de Voluntariado Dixital da Xunta achega as TIC e o Software Libre aos internos do Centro de Inserción Social "Carmen Avendaño" de Vigo

O programa de Voluntariado Dixital da Xunta achega as TIC e o Software Libre aos internos do Centro de Inserción Social "Carmen Avendaño" de Vigo

O Programa Voluntariado Dixital da Xunta e a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, poñen en marcha mañá en Vigo o segundo dos talleres da iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”.

O proxecto, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías e o software libre a 70 reclusos dos sete centros penitenciarios existentes en Galicia.

O Centro Demostrador TIC acolle a presentación en Galicia de Wayra

O Centro Demostrador TIC acolle a presentación en Galicia de Wayra

Máis de medio cententar de representantes de centros tecnolóxicos e empresas emprendedoras galegas participaron esta mañá á presentación en Galicia da iniciatia Wayra, impulsada por Telefónica Digital.

A presentación correreu a cargo de Josep Amorós, director da Academia Wayra de Madrid, que será presentado polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso. Participou tamén Yolanda García Ulla, directora da Área de Sociedade Dixital de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que colaborou na convocatoria do acto.

Amplíase o prazo de inscrición para a Libre Software World Conference 2012, que se celebrará en Santiago o 18 e 19 de outubro

Amplíase o prazo de inscrición para a Libre Software World Conference 2012, que se celebrará en Santiago o 18 e 19 de outubro

Son xa más de 300 os inscritos na III Libre Software World Conference (LSWC'12 ) , que se celebrará os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Ante esta afluencia de público a organización amplía o prazo de inscrición ata o vindeiro xoves 11 de outubro. A asistencia é totalmente gratuíta e pode realizarse a través da web www.libresoftwareworldconference.com

Arranca en Arteixo a primera fase para a tramitación telemática das licenzas urbanísticas grazas á colaboración entre a Xunta e o Colexio de Arquitectos

Arranca en Arteixo a primera fase para a tramitación telemática das licenzas urbanísticas grazas á colaboración entre a Xunta e o Colexio de Arquitectos

A Xunta inicia no Concello de Arteixo a implantación da primeira fase para a tramitación telemática das licenzas urbanísticas. Trátase da posta en funcionamento dunha pasarela telemática que permite aos técnicos de urbanismo dos municipios acceder online á información dos proxectos de obra visados polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) para completar o trámite de autorización.

No 2012 o COAG prevé que se xestionen preto de 22.400 trámites relacionados coas licenzas urbanísticas, que xeran máis de 240.000 documentos en pdf, dispoñibles xa a través desta pasarela telemática.

Entidades públicas e privadas poderán colaborar coa rede de aulas CeMIT para achegar á formación dixital gratuíta a máis usuarios

Entidades públicas e privadas poderán colaborar coa rede de aulas CeMIT para achegar á formación dixital gratuíta a máis usuarios

A Rede de Centros para a Modernización e Innovación Tecnolóxica, CeMIt, abre á porta a colaboración con outras entidades públicas e privadas co obxectivo de que a formación dixital gratuíta chegue ao maior número de usuarios. Esta iniciativa é froito do interese amosado por múltiples entidades en colaborar estreitamente coa Rede.