A Xunta avanza no Plan de Desenvolvemento Rural de cara a súa optimización e para dar cobertura ás necesidades dos galegos

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar, Francisco Vidal-Pardo, acompañado polo director Xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, preside a reunión do Comité de Seguimento do Programa Rural de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 que durante a xornada de hoxe se celebra en Lalín. O obxectivo desta xuntanza é o de optimizar o plan, dando cobertura ás necesidades dos galegos.

A información da Plataforma de Contratación Pública de Galicia xa está dispoñible en formatos abertos para facilitar a súa reutilización

Os datos recollidos na Plataforma de Contratación Pública de Galicia están dispoñibles desde esta semana no Portal Abert@s da Xunta. Así as empresas e cidadáns que o desexen poden acceder a esta información en formatos abertos, o que lles permite reutilizalos e crear posibles aplicacións e prestacións.

Esta é a ultima incorporación a esta iniciativa Open Data da Xunta, que se puxo en marcha en marzo para facilitar o acceso á información xerada pola Administración para a súa reutilización.

As empresas galegas de 10 e máis empregados superan a media estatal en dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico

O 98,8% das empresas galegas de 10 ou máis empregados dispoñen de conexión a Internet, máis dun punto por riba da media estatal situando a Galicia na segunda posición no ranking de Comunidades Autónomas neste indicador. Ademais, a práctica totalidade destas empresas dispoñen de ordenador (99,4%), porcentaxe que supera á do conxunto do Estado (98,7%).

Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públicos se suman ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

O Programa de Voluntariado Dixital, que están a desenvolver a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Traballo e Benestar, avanzou hoxe un paso máis coa adhesión formal de 67 entidades a esta iniciativa, que busca facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a persoas maiores e persoas con discapacidade co apoio de persoas voluntarias.

A nova aula CeMIT da mancomunidade do Ribeiro facilitará o acceso as novas tecnoloxías a máis de 6.000 veciños

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inauguraron hoxe en Beade a nova aula CeMIT da Mancomunidade do Ribeiro e o novo edificio administrativo no que está ubicada.

Xunta e Estado celebran por vez primeira unha reunión da comisión bilateral mediante videoconferencia

A Xunta de Galicia e o Goberno central veñen de celebrar por primeira vez unha reunión da Comisión Bilateral de Cooperación mediante videoconferencia, para tratar temas de turismo, patrimonio e do sector eólico.

A iniciativa 'Tomando as rendas' comeza hoxe nos concellos de Mugardos, Ames, Sada, Castrelo de Miño e Tomiño

As aulas CeMIT dos concellos de Mugardos, Ames, Sada, Castrelo de Miño e Tomiño acollen hoxe a primeira sesión formativa da iniciativa "Tomando as rendas", que ten como obxectivo fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais e formalas no uso das novas tecnoloxías.

A través de videconferencia as participantes destes municipios recibirán a primeira charla do itinerario formativo. A formación será presencial e online e impartirase en 40 municipios integrados na Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica (CeMIT) da Amtega.

A iniciativa “Tomando as rendas” comeza hoxe nos concellos de Betanzos, Padrón, Ortigueira, O Barco, Celanova e Ourense

As aulas CeMIT dos concellos de Betanzos, Padrón, Ortigueira, O Barco, Celanova e Ourense acollen hoxe a primeira sesión formativa da iniciativa "Tomando as rendas", que ten como obxectivo fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais e formalas no uso das novas tecnoloxías.

A través de videconferencia as participantes destes municipios recibirán a primeira charla do itinerario formativo. A formación será presencial e online e impartirase en 40 municipios integrados na Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica (CeMIT) da Amtega.

Feijóo avanza que a nova Lei de Accesibilidade promoverá a igualdade de acceso no ámbito das telecomunicacións, as novas tecnoloxías e os servizos das administracións públicas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a nova Lei de Accesibilidade incluirá un apartado específico para promover a igualdade de acceso no ámbito das telecomunicacións, as novas tecnoloxías e os servizos que prestan as Administracións públicas. “Ir máis alá da accesibilidade arquitectónica, facilitando o acceso das persoas con discapacidade aos espazos, aos produtos e aos servizos en igualdade de condicións que o resto da poboación. Con este obxectivo estamos elaborando este novo texto, que levaremos ao Parlamento este mesmo ano”, aseverou.