Raquel Arias destaca que o Plan de banda larga promovido pola Xunta dotou de acceso de calidade á internet a preto de 8.000 persoas máis na comarca de Chantada

Raquel Arias destaca que o Plan de banda larga promovido pola Xunta dotou de acceso de calidade á internet a preto de 8.000 persoas máis na comarca de Chantada

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou esta mañá que arredor do 94% (93,76%) dos habitantes da comarca de Chantada contan xa con acceso á internet de calidade, de cando menos 2Mbps de velocidade.

Raquel Arias subliña que o Plan de Banda Larga facilitou que preto do 97% dos veciños da comarca de Lugo conten xa con acceso a internet de calidade

Raquel Arias subliña que o Plan de Banda Larga facilitou que preto do 97% dos veciños da comarca de Lugo conten xa con acceso a internet de calidade

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou esta mañá en Guntín que preto do 97% (96,37%) dos habitantes da comarca de Lugo dispoñen xa de acceso á internet de calidade. No caso concreto desta comarca, foron 27.355 persoas as que se beneficiaron do despregamento das novas infraestruturas incluídas no plan impulsado pola Xunta de Galicia para dotar de cobertura de banda larga a toda a comunidade.

Feijóo avanza a sinatura dun convenio co Goberno central para investir outros 5 millóns de euros en iniciativas TIC no eido xudicial

Feijóo avanza a sinatura dun convenio co Goberno central para investir outros 5 millóns de euros en iniciativas TIC no eido xudicial

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mediodía, a sinatura nos vindeiros días dun novo convenio co Goberno central para investir outros 5 millóns de euros no que a tecnoloxías no eido xudicial se refire; “e, en consecuencia, -asegurou- Galicia será a primeira comunidade en colaborar co Ministerio de Xustiza para o desenvolvemento do plan tecnolóxico estatal para a modernización da xustiza”.

Preto de 30 persoas maiores da parroquia coruñesa de Los Rosales coñecen as vantaxes de Internet e das Redes Sociais grazas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta

Preto de 30 persoas maiores da parroquia coruñesa de Los Rosales coñecen as vantaxes de Internet e das Redes Sociais grazas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta

Preto de 30 persoas maiores da parroquia de Los Rosales en A Coruña, están a mergullarse nas vantaxes que a tecnoloxía lles pode reportar grazas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta.

Esta iniciativa, posta en marcha hai un ano pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Voluntariado, ten como obxectivo estender a oferta pública de alfabetización dixital a toda a cidadanía, facendo especial fincapé nos colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.

Máis de 1.600 mozos inscríbense na undécima edición de Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da comunidade autónoma

Máis de 1.600 mozos inscríbense na undécima edición de Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da comunidade autónoma

Santiago acollerá os días 26, 27 e 28 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións a undécima edición de Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da comunidade autónoma que reunirá a todos os participantes con seus propios ordenadores para que se poidan conectar entre eles mediante unha rede local.

A Xunta porá a disposición dos concellos galegos un sistema de tradución automatizada antes do verán

A Xunta porá a disposición dos concellos galegos un sistema de tradución automatizada antes do verán

A Xunta facilitaralles aos concellos galegos un sistema de tradución automatizada directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués, que lle permitirá á Administración local galega aumentar a calidade lingüística da súa documentación técnica e administrativa, webs e correos electrónicos, ademais de reforzar e consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.

A Amtega implantará unha solución de software libre para facilitar o acceso de todas as aulas CeMIT ao sistema de videoconferencia

A Amtega implantará unha solución de software libre para facilitar o acceso de todas as aulas CeMIT ao sistema de videoconferencia

As 35 aulas da Rede CeMIT sen equipo de videoconferencia poderán acceder aos cursos e actividades que se realizan a través deste sistema grazas á implantación nos seus ordenadores da nova versión do software de videoconferencia libre Ekiga, na que colaborou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Esta solución implantarase progresivamente durante o 2013, de xeito que, para acceder ao sistema de videoconferencia, simplemente será preciso que o ordenador das aulas estea conectado ao proxector e teña instalado o software Ekiga, unha webcam e uns altofalantes.

A Xunta impulsará cunha lei pioneira o despregamento das telecomunicacións como un servizo de primeira magnitude Garantirá o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado, con maior planifica

A Xunta impulsará cunha lei pioneira o despregamento das telecomunicacións como un servizo de primeira magnitude Garantirá o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado, con maior planifica

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe no Parlamento galego que o proxecto de lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia converte ás telecomunicacións nun servizo de primeira magnitude, garantindo o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado, con maior planificación e máis anticipación.

O programa C-Teams do Igape impulsa a mellora continuada das empresas tecnolóxicas no desenvolvemento de novos produtos

O programa C-Teams do Igape impulsa a mellora continuada das empresas tecnolóxicas no desenvolvemento de novos produtos

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo hoxe un encontro con emprendedores participantes no programa C-Teams, destinado a impulsar a mellora continuada das empresas de base tecnolóxica para desenvolver novos produtos ou servizos.

A Xunta impulsará cunha lei pioneira o despregamento das telecomunicacións como un servizo de primeira magnitude