As empresas galegas de 10 ou máis traballadores á cabeza do Estado no uso do software libre

As empresas galegas de 10 ou máis traballadores á cabeza do Estado no uso do software libre

Tres de cada catro empresas de Galicia con 10 ou máis asalariados emprega software libre, 3,4 puntos por riba da media estatal, o que sitúa a Galicia no primeiro posto das Comunidades Autónomas neste ránking. No caso das microempresas a porcentaxe sitúase nun 44,3%.

O CDTIC celebra este mes dous seminarios sobre marketing en liña e comercio electrónico para pemes e autónomos

O CDTIC celebra este mes dous seminarios sobre marketing en liña e comercio electrónico para pemes e autónomos

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acollerá os vindeiros 22 e 29 de abril dous seminarios baixo o título “Introdución ao marketing online e ao e-commerce para pemes”. O primeiro deles estará dedicado ao emprego das redes sociais nas actividades de marketing, mentres que o segundo versará sobre blogs, fundamentos de comercio electrónico e publicidade en liña. Ambos desenvolveranse no CDTIC de Galicia, en Santiago de Compostela, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

A Xunta, as universidades, os centros tecnolóxicos e o Clúster Tic alíanse para impulsar o crecemento do sector a través do programa Transformatic

A Xunta, as universidades, os centros tecnolóxicos e o Clúster Tic alíanse para impulsar o crecemento do sector a través do programa Transformatic

A Xunta, as tres universidades galegas, os centros tecnolóxicos dedicados ás tecnoloxías da información e a comunicación, e as empresas do Clúster TIC se aliaron hoxe para poñer en marcha o Programa Transformatic, que busca aliñar os esforzos públicos e privados para fomentar o emprendemento dixital, a transferencia da innovación ao mercado e o fortalecemento do sector tecnolóxico galego.

O repositorio de software libre da Xunta asóciase á forxa do Centro de Transferencia de Tecnoloxía estatal para favorecer a reutilización de solucións

O repositorio de software libre da Xunta asóciase á forxa do Centro de Transferencia de Tecnoloxía estatal para favorecer a reutilización de solucións

O repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, albergado na Forxa de Mancomún, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de incorporarse ao repositorio do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT) como forxa asociada. Esta actuación permitirá que as 7 solucións reutilizables liberadas pola Xunta de Galicia desde o ano 2011 se unan ao catálogo de solucións técnicas do Estado e poidan ser así máis facilmente localizables por todas as administracións estatais.

A aplicación AbalarMobil xa está dispoñible para 14.000 familias de 35 centros educativos das catro provincias

A aplicación AbalarMobil xa está dispoñible para 14.000 familias de 35 centros educativos das catro provincias

Nos últimos catro meses a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, triplicou o número de centros que poden dispoñer da aplicación abalarMóbil, que permite ás familias seguir a actividade educativa dos seus fillos dende calquera lugar, dunha forma rápida e cómoda a través dos seus dispositivos móbiles.

Entra en vigor a carta de servicios del CAE 112 Galicia co fin de incrementar a calidade dos seus prestacions e lograr a plena satisfacción dos usuarios

Entra en vigor a carta de servicios del CAE 112 Galicia co fin de incrementar a calidade dos seus prestacions e lograr a plena satisfacción dos usuarios

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa da recente entrada en vigor da Carta de Servizos do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia, tras a súa publicación no DOG. O principal obxectivo deste documento é incrementar a calidade do servizo e lograr a plena satisfacción dos usuarios.

Economía e Industria destaca o proxecto vigués Tintorería Mimos como exemplo de emprendemento apoiado nas TIC

Economía e Industria destaca o proxecto vigués Tintorería Mimos como exemplo de emprendemento apoiado nas TIC

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe o proxecto vigués Tintorería Mimos como exemplo de emprendemento intelixente baseado nas tecnoloxías da información e a comunicación, destacando que o eixo principal do negocio desta empresa que desenvolve a súa actividade no barrio vigués de Navia será o servizo a domicilio asentado nun anovador sistema de xestión que permite aforrar custos e tempo.

O curso de Scratch do CPETIG e a Amtega esperta o interese do profesorado de toda Galicia, cunha demanda superior ás prazas dispoñibles

O curso de Scratch do CPETIG e a Amtega esperta o interese do profesorado de toda Galicia, cunha demanda superior ás prazas dispoñibles

O curso de Scratch, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), espertou o interese do profesorado non universitario de toda Galicia ao superar a demanda as 35 prazas dispoñibles. Esta actividade formativa, que se celebrará mañá e o próximo venres no Centro Demostrador TIC (CDTIC), en Santiago de Compostela, entre as 16.00 e 20.00 horas, conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O Observatorio de software libre da Comisión Europea pon en valor a Guía de Boas Prácticas para a liberación de documentos da Administración Autonómica

O Observatorio de software libre da Comisión Europea pon en valor a Guía de Boas Prácticas para a liberación de documentos da Administración Autonómica

O Observatorio de Software Libre da Comisión Europea faise eco no seu portal (https://joinup.ec.europa.eu/community/osor/news/galicia-recommends-use-open-document-format) da publicación por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia  da “Guía de boas prácticas para a Liberación de Publicacións da Xunta de Galicia” o pasado 26 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Liberdade dos Documentos.

A Xunta incide na necesidade de superar a actual fenda dixital de xénero e aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres

A Xunta incide na necesidade de superar a actual fenda dixital de xénero e aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá o acto de celebración do ‘Día Internacional das Rapazas nas TIC’, organizado polo Centro de Supercomputación de Galicia e no que tamén participaron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o director do CESGA, Javier García Tobío.