Máis de 4.300 persoas beneficiáronse das actuacións do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta en dous anos
Máis de 4.300 persoas beneficiáronse das actuacións do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta en dous anos
O labor de máis de 340 voluntarios dixitais e das 78 entidades adscritas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta conseguiu achegar os beneficios das TIC a máis de 4.300 persoas nos últimos dous anos. Esta iniciativa, posta en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías á unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.