Preto do 80% das sedes xudiciais galegas contan con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Preto do 80% das sedes xudiciais galegas contan con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilitou o acceso a redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en 35 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas. Na provincia da Coruña dispoñen desta conectividade o 78% das sedes xudiciais, en Pontevedra o 100%, en Ourense un 55% e en Lugo un 66%.

O Xulgado de Viveiro conta con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O Xulgado de Viveiro conta con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O Xulgado de Viveiro vén de sumarse ás sedes xudiciais galegas con acceso a Internet de 100 Mbps, grazas as actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta. No marco deste Plan, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a implantación desta tecnoloxía nas sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, que xunto co de Viveiro, supoñen o 66% da sedes xudiciais da provincia.

Nava Castro recalca a importancia do uso das novas tecnoloxías para a difusión da oferta turística galega e para a adaptación aos novos segmentos especializados de público

Nava Castro recalca a importancia do uso das novas tecnoloxías para a difusión da oferta turística galega e para a adaptación aos novos segmentos especializados de público

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez interveu hoxe no acto de presentación do material promocional dirixido aos mercados internacionais desenvolvido pola Mancomunidade do Salnés coa colaboración de Turismo de Galicia.

Feijóo anuncia un plan para estender as TIC ao sector do Turismo, dotado con 10 millóns de euros e co obxectivo de incorporar unha plataforma turística única para Galicia

Feijóo anuncia un plan para estender as TIC ao sector do Turismo, dotado con 10 millóns de euros e co obxectivo de incorporar unha plataforma turística única para Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, durante a rolda de prensa do Consello, o Plan Smart Turismo, un plan para estender as TIC ao sector e co obxectivo de incorporar unha plataforma turística única para Galicia no mundo.

Feijóo destaca que a sinatura do convenio de colaboración entre Red.es e o Sergas permitirá consolidar o uso das TIC na sanidade pública galega

Feijóo destaca que a sinatura do convenio de colaboración entre Red.es e o Sergas permitirá consolidar o uso das TIC na sanidade pública galega

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, que a sinatura do convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Red.es e o Sergas permitirá consolidar o uso das TIC na sanidade pública galega e dotar de infraestruturas tecnolóxicas o novo hospital público de Vigo para o seu arranque.

A Xunta destina máis de 400.000 euros a proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por microempresas para o uso das TIC

A Xunta destina máis de 400.000 euros a proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por microempresas para o uso das TIC

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 441.000 euros a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para este ano.

O sistema de videovixilancia intelixente contra o furtivismo no litoral galego estará en probas ata finais de ano

O sistema de videovixilancia intelixente contra o furtivismo no litoral galego estará en probas ata finais de ano

O proxecto Videoguard, un sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos, estará en período de probas ata finais de ano. Este tempo servirá á Xunta para valorar a viabilidade de implantar o sistema na costa galega, aproveitando as infraestruturas de telecomunicacións xestionadas polo operador público Retegal, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Consellería de Cultura e Educación forma a máis de 1.000 docentes no papel determinante para a escola das novas tecnoloxías na xornada ‘escola@TIC.2014’

A Consellería de Cultura e Educación forma a máis de 1.000 docentes no papel determinante para a escola das novas tecnoloxías na xornada ‘escola@TIC.2014’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria forma esta fin de semana a través da xornada ‘escol@TIC.2014’ a máis de 1.000 docentes no papel determinante que as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) teñen na escola, que debe adaptarse a unha sociedade en continua transformación e innovación tecnolóxica.

Expertos da Comisión Europea analizan en Santiago o Programa Voluntariado Dixital da Xunta como exemplo de inclusión social a través das TIC

Expertos da Comisión Europea analizan en Santiago o Programa Voluntariado Dixital da Xunta como exemplo de inclusión social a través das TIC

O próximo 25 de marzo, o Programa Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, será obxecto dun peer review como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC.

A Xunta de Galicia abre a terceira convocatoria de axudas para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas da Comunidade

A Xunta de Galicia abre a terceira convocatoria de axudas para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas da Comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a apertura da terceira convocatoria de axudas para contratar Internet de banda larga vía satélite destinadas a fogares e pemes das zonas con máis dificultades de cobertura de toda a Comunidade. O programa conta este ano cun investimento de 359.000 euros e permitirá achegar a banda larga a case 2.400 fogares e pemes que non dispoñan de acceso á banda larga de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.