As “estratexias de comunicación 2.0” centran o segundo módulo do Plan formativo de voluntariado dixital 2014

As “estratexias de comunicación 2.0” centran o segundo módulo do Plan formativo de voluntariado dixital 2014

O Plan de Formación 2014 do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra os días 26 e 27 o seu segundo módulo, centrado nas “Estratexias de Comunicación 2.0”. no que se darán as claves para implantar unha estratexia dixital que capaz de posicionar un pequeno negocio ou a firma persoal ao lado das grandes marcas.

A revista Actualidad Económica outórgalle ao Plan de Banda Larga da Xunta o premio á Mellor Iniciativa Pública da Comunidade

A revista Actualidad Económica outórgalle ao Plan de Banda Larga da Xunta o premio á Mellor Iniciativa Pública da Comunidade

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, recolleu hoxe o premio que a revista Actualidad Económica concedeu ao Plan de Banda Larga da Xunta como Mellor Iniciativa Pública da Comunidade. A publicación entregou hoxe os seus Premios Empresariais Galicia 2014, unha cita bianual, na que recoñece as mellores iniciativas empresariais de cada Comunidade e que nesta edición contou coa presenza da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

Rosa Quintana preside a entrega de premios ao éxito empresarial na que se recoñece o labor de catro empresas galegas do sector agroalimentario

Rosa Quintana preside a entrega de premios ao éxito empresarial na que se recoñece o labor de catro empresas galegas do sector agroalimentario

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe en Santiago a entrega dos Premios ao éxito empresarial, que concede a revista Actualidad Económica. Durante a súa intervención neste acto, organizado por Unidad Editorial, a conselleira recoñeceu o éxito das diferentes empresas e institucións galegas premiadas, entre elas 4 da industria agroalimentaria. Todas elas, indicou a conselleira, destacan polo seu tesón, experiencia e afán de superación.

O terceiro módulo do programa formativo de Voluntariado Dixital aborda experiencias prácticas de innovación social a través das TIC

O terceiro módulo do programa formativo de Voluntariado Dixital aborda experiencias prácticas de innovación social a través das TIC

Os días 3 e 4 de xullo o Programa de Voluntariado Dixital, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, celebra o III módulo do seu Plan de Formación 2014 baixo o título “Innovación Social. Experiencias prácticas”.

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo apoia con 630.000 euros a incorporación das pemes galegas ao comercio electrónico

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo apoia con 630.000 euros a incorporación das pemes galegas ao comercio electrónico

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade Red.es, pon en marcha o terceiro Programa de mentoring en comercio electrónico, unha convocatoria pública para a concesión de axudas económicas que teñen como obxectivo impulsar a actividade de comercio electrónico das pequenas e medianas empresas. Este programa desenvólvese en Galicia en colaboración coa Xunta, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica e Galicia (Amtega).

O CPEIG e Amtega convocan a expertos internacionais no seminario sobre a Axenda Dixital Europea e as Redes Transeuropeas

O CPEIG e Amtega convocan a expertos internacionais no seminario sobre a Axenda Dixital Europea e as Redes Transeuropeas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o seminario Axenda Dixital Europea e Redes Transeuropeas que, desde unha perspectiva da UE, española e autonómica, proporcionará unha visión xeral das políticas dixitais a eses tres niveis, ilustradas mediante a presentación das axendas dixitais da UE, de España e a relación existente entre elas.

Mar Pereira avanza que a elaboración da nova Axenda Dixital de Galicia se baseará nun modelo de intelixencia colectiva

Mar Pereira avanza que a elaboración da nova Axenda Dixital de Galicia se baseará nun modelo de intelixencia colectiva

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, avanzou hoxe que Galicia contará cunha nova Axenda Dixital para o horizonte 2020. A responsable autonómica indicou que na elaboración desta nova estratexia dixital o seu departamento contará coa achega de expertos, das administracións e da sociedade galega, apostando por un modelo de intelixencia colectiva para acadar unha estratexia de todos e para todos os galegos.

Cultura e Educación e a Amtega dan a coñecer no Gaiás os novos webs da Consellería, cultura.xunta.es e museos.xunta.es

Cultura e Educación e a Amtega dan a coñecer no Gaiás os novos webs da Consellería, cultura.xunta.es e museos.xunta.es

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron na mañá de hoxe no Gaiás o novo sitio web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://cultura.xunta.es), “unha importante ferramenta –en palabras de Vázquez Abad– que porá en mans dos usuarios, entre outras cousas, unha Axenda personalizada con toda a actividade cultural da Xunta, deseñada para ac

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha o novo proxecto de contidos curriculares educativos dixitais en 84 centros educativos, beneficiando a 3.500 estudantes galegos

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha o novo proxecto de contidos curriculares educativos dixitais en 84 centros educativos, beneficiando a 3.500 estudantes galegos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria para a posta en marcha do novo proxecto de plataforma de contidos curriculares educativos dixitais, que se implantará no curso 2014/2015 en 84 centros educativos de toda Galicia. En total recibíronse 90 solicitudes nunha convocatoria que foi un éxito entre os centros públicos, que representan o 90% dos proxectos presentados. Ademais, un de cada tres centros públicos Abalar de primaria va a ser beneficiarios do programa.

Máis de 150 persoas participaron no Plan de formacion de voluntariado dixital que remata esta semana co módulo 'Coaching para a transformación social'

Máis de 150 persoas participaron no Plan de formacion de voluntariado dixital que remata esta semana co módulo 'Coaching para a transformación social'

Esta semana chega ao seu fin o Plan de Formación VolDIX 2014 “Innovación e Transformación Dixital 2.0”, no que este ano xa levan participado máis de 150 persoas voluntarias. Hoxe e mañá, venres 11 de xullo, pecharase este programa formativo con dúas xornadas sobre o coaching como ferramenta para que as personas acaden as súas metas e desenvolvan as súas habilidades para a transformación e a innovación social.