O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acollerá en Santiago dous seminarios sobre o xestor de contidos Drupal: “Administración básica de Drupal” (https://cdtic.xunta.es/drupal-basico) e “Administración avanzada de Drupal” (https://cdtic.xunta.es/drupal-avanzado). Ambos impartiranse en horario de 16.00 a 20.00 horas, os días 11 de setembro e 1 de outubro respectivamente.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acaba de publicar no blog.adg2020.es/ as bases do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’ dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. É unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta.
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acollerá o día 16 de setembro o seminario “Xestión documental con software libre” (https://cdtic.xunta.es/xestion-documental-sfl) que se impartirá no CDTIC Galicia en horario de 16.00 a 20.00 horas.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) contará cun stand propio na XXVIII Feira do Moble de Galicia, que se celebra desde o día 20 de setembro e ata o 28 do mesmo mes nas instalacións da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Neste espazo os asistentes atoparán información e material sobre diferentes solucións en materia TIC, de interese para este sector.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de abrir o prazo de inscrición no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. O formulario online está xa dispoñible no blog.adg2020.es/. “Curtas co Móbil” é unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta.
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acollerá os días 23 e 24 de setembro o seminario “Avaliación de proxectos libres para cubrir as necesidades TIC” (https://cdtic.xunta.es/avaliacion-proxectos-libres) que se impartirá no CDTIC Galicia en horario de 16.00 a 20.00 horas.