A Biblioteca Pública Ánxel Casal e o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta organizan un obradoiro de iniciación ao GIMP
A Biblioteca Pública Ánxel Casal e o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta organizan un obradoiro de iniciación ao GIMP
A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Voluntariado, organiza un obradoiro de “Iniciación ao retoque de fotografía dixital con Gimp” que terá lugar do 4 ao 8 de agosto nas Salas de Traballo en Grupo da biblioteca.