O 57% dos autónomos TIC galegos estima que o sector tecnolóxico atravesará unha situación expansiva ou de estabilidade nos próximos tres anos

O 57% dos autónomos TIC galegos estima que o sector tecnolóxico atravesará unha situación expansiva ou de estabilidade nos próximos tres anos

En Galicia existen 3.331 autónomos dedicados ao sector TIC, o que representa o 21,8% do total de traballadores deste sector. Preto do 60% dos integrantes deste colectivo centra a súa actividade profesional na reparación de equipos informáticos e publicacións TIC. En segundo lugar, cunha porcentaxe do 29,2% están os que se dedican a actividades informáticas, portais web e procesamento de datos. As actividades comerciais TIC empregan ao 7,6% dos autónomos e as de telecomunicacións ao 3,2%.

A Xunta de Galicia publica a aplicación da plataforma de contratos de Galicia para dispositivos móbiles

A Xunta de Galicia publica a aplicación da plataforma de contratos de Galicia para dispositivos móbiles

 A Xunta de Galicia vén de publicar a nova aplicación para dispositivos móbiles “PcPG – Contratos de Galicia”. Trátase dunha app desenvolta pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que permite a consulta en calquera momento e desde calquera lugar, mediante dispositivos móbiles, da información da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

A Amtega publica hoxe na súa canle de Facebook os cinco vídeos finalistas do concurso `Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020`

A Amtega publica hoxe na súa canle de Facebook os cinco vídeos finalistas do concurso `Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020`

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar hoxe os cinco vídeos finalistas do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. Ata o 19 de decembro calquera internauta pode votar o vídeo que considere que mellor representa o futuro de Galicia a través das novas tecnoloxías en www.facebook.com/amtega, dentro do apartado "Curtas Finalistas ADG2020”. Os vídeos gañadores serán os dous que máis “gústame” obteñan dentro do apartado.

Feijóo salienta o apoio da Xunta ao talento tecnolóxico da Comunidade cun investimento de 750.000 euros para 50 proxectos do Galicia Open Future

Feijóo salienta o apoio da Xunta ao talento tecnolóxico da Comunidade cun investimento de 750.000 euros para 50 proxectos do Galicia Open Future

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso do Goberno galego co talento tecnolóxico da Comunidade, cun investimento de 750.000 euros para 50 proxectos do Galicia Open Future. “Estamos investindo case tres cuartos de millón de euros nesta iniciativa que xunto con Telefónica poñemos á disposición de 50 proxectos, seleccionados dos 130 que se presentaron inicialmente”, aseverou.

As aulas CeMIT de Marín, Valga, Betanzos, Abegondo, Barreiros, Vimianzo e A Estrada conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia

As aulas CeMIT de Marín, Valga, Betanzos, Abegondo, Barreiros, Vimianzo e A Estrada conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia

Desde o pasado día 11 e ata o 19 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papa Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Mañá, venres 12, serán os,escolares de Educación Infantil de Marín, Valga, Betanzos, Abegondo, Barreiros, Vimianzo e A Estrada os que recibirán esta visita, a través das aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará a partir das 10 da mañá e ata as 13.00 horas, a razón de media hora en cada aula. *

A Amtega celebra unha xornada sobre os retos e oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo

A Amtega celebra unha xornada sobre os retos e oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Axencia de Turismo, o Clúster Turismo de Galicia e o Clúster TIC galego, organiza o día 18 de decembro, no Salón de Actos do edificio CINC da Cidade da Cultura, unha xornada sobre retos e oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo (https://cdtic.xunta.es/retos-tecnoloxicos-turismo).

A Xunta e as principais asociacións TIC de Galicia presentan o vindeiro luns a "Guía de boas prácticas de RSE do sector TIC galego"

A Xunta e as principais asociacións TIC de Galicia presentan o vindeiro luns a "Guía de boas prácticas de RSE do sector TIC galego"

A Consellería de Traballo e Benestar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organizan o vindeiro día 15 de decembro, a Xornada “A RSE e as TIC”, co obxectivo de difundir, fomentar e promover a responsabilidade social empresarial dentro das organizacións do sector.

As aulas CeMIT de O Vicedo, Valga, Barreiros, Betanzos e Oroso conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia

As aulas CeMIT de O Vicedo, Valga, Barreiros, Betanzos e Oroso conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia

Desde o pasado día 11 e ata o 19 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papa Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

As aulas CeMIT de Ortigueira, Cerceda, A Fonsagrada, As Pontes e Verín conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia

Mañá, martes 16, serán os escolares de Educación Infantil de Ortigueira, A Fonsagrada, As Pontes e Verín os que recibirán esta visita, a través das aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará a partir das 10 da mañá e ata as 13.00 horas, a razón de media hora en cada aula.

A Xunta fomenta a Responsabilidade Social Empresarial entre o sector tecnolóxico galego a través dunha guía de boas prácticas

A Xunta fomenta a Responsabilidade Social Empresarial entre o sector tecnolóxico galego a través dunha guía de boas prácticas

 A Xunta de Galicia vén de elaborar a "Guía de Boas Prácticas de RSE do sector TIC galego", que hoxe presentaron en Santiago a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. O documento, que está publicado aquí, pretende responder ao que significa a responsabilidade social empresarial (RSE) para o sector TIC galego, como alcanzala e que aporta a tecnoloxía á RSE.