A Amtega celebra na aula Cemit de Pontevedra o terceiro faladoiro da iniciativa "Faite Diixt@l", que abordará como construír unha marca persoal a partir da identidade dixital na rede

A Amtega celebra na aula Cemit de Pontevedra o terceiro faladoiro da iniciativa "Faite Diixt@l", que abordará como construír unha marca persoal a partir da identidade dixital na rede

A xornada “A túa identidade dixital é a túa marca persoal?” analizará, da man de cinco expertos, como a chegada de Internet engadiu unha nova dimensión ao concepto de identidade, e como converter o eu dixital nunha marca persoal de éxito que explotar como simple entretemento compartido ou de maneira máis comercial. É o terceiro dos Faladoiros Dixitais do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Desenvolverase o vindeiro venres 21 de novembro na aula CeMIT de Pontevedra.

A Xunta de Galicia abre un proceso de consulta a operadores para realizar un estudo da situación da banda larga ultrarrápida en Galicia

A Xunta de Galicia abre un proceso de consulta a operadores para realizar un estudo da situación da banda larga ultrarrápida en Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega) vén de abrir un proceso de consulta aos operadores de telecomunicación de servizos de banda larga ultrarrápida (30Mbps e 100Mbps), con presenza na Comunidade. O obxectivo é coñecer a situación da oferta e a demanda, residencial, empresarial e do sector público deste tipo de redes e actualizar o estudo da banda larga en Galicia, incorporando os resultados acadados polo Plan de Banda Larga da Xunta.

A Amtega celebra en Santiago a primeira xornada de casos de éxito da iniciativa "Faite Dixit@l", que mostrará a evolución das aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía

A Amtega celebra en Santiago a primeira xornada de casos de éxito da iniciativa "Faite Dixit@l", que mostrará a evolución das aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía

Como lograron facer do uso das novas tecnoloxías a clave do seu éxito, como superaron as dificultades á hora de desenvolver e publicar nun store unha aplicación móbil e que beneficios reportan as súas aplicacións á cidadanía, e o futuro da creación de aplicacións móbiles, son os aspectos que abordarán os relatores da xornada “As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía”. Trátase do cuarto Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec.

O 80% dos concellos galegos empregan software libre no seu equipamento TIC

O 80% dos concellos galegos empregan software libre no seu equipamento TIC

O 80% dos concellos dispón de software libre nalgún equipo informático, ben sexa en ordenadores de usuario ou servidores. Máis do 76% dos municipios contan software libre nos ordenadores de usuario, ben como única tipoloxía de software habilitada nos equipos (2,9%) ou ben en presenza de software privativo (75,6).

Do total de concellos que teñen servidores, o 45,4% dispón de software libre instalado, ben como única tipoloxía de software (3,9%) ou ben en combinación con software privativo (43,9%).

O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! evitou a presentación de 30.000 documentos a cidadáns e empresas desde a súa posta en marcha hai cinco meses

O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! evitou a presentación de 30.000 documentos a cidadáns e empresas desde a súa posta en marcha hai cinco meses

O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! rexistrou desde a súa posta en marcha, hai seis meses, 30.000 consultas desde os diferentes departamentos autonómicos, o que implica que se evitou a petición de 30.000 documentos ou certificados a cidadáns e empresas para a realización de trámites administrativos.

A Amtega colabora coa Cruz Vermella e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza nunhas xornadas sobre novas formas de comunicación e emprego dixital

A Amtega colabora coa Cruz Vermella e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza nunhas xornadas sobre novas formas de comunicación e emprego dixital

A Cruz Vermella, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), celebra mañá, martes, 25 de novembro a xornada “Sensibilización e uso das redes sociais na Área de Emprego da Cruz Vermella”. Pola súa parte, a Rede Galega de loita contra a pobreza (EAPN-Galicia) organiza o seminario “Taller TIC, infografías e voluntariado en rede para a acción e o cambio social. #pobrezagalicia” o vindeiro xoves 27 de novembro.

A Xunta preséntalles o Arquivo Dixital de Galicia aos profesionais do Sistema de Arquivos da Comunidade

A Xunta preséntalles o Arquivo Dixital de Galicia aos profesionais do Sistema de Arquivos da Comunidade

 A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo inauguraron esta mañá a xornada técnica de presentación do Arquivo Dixital de Galicia aos profesionais do Sistema de Arquivos de Galicia. No acto, que tivo lugar no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, participou tamén a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.

O Instituto de Estudos do Territorio destaca a importancia do emprego dos drons para a busca e elaboración de información xeográfica

O Instituto de Estudos do Territorio destaca a importancia do emprego dos drons para a busca e elaboración de información xeográfica

 O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Manuel Borobio, inaugurou hoxe unha xornada técnica sobre RPA (Aeronaves pilotadas por control remoto) e as súas aplicacións civís.

Cultura e Educación pon en marcha unha iniciativa pioneira para formar a alumnos e docentes de primaria no eido da programación informática, en colaboración co Colexio de Enxeñaría Informática

Cultura e Educación pon en marcha unha iniciativa pioneira para formar a alumnos e docentes de primaria no eido da programación informática, en colaboración co Colexio de Enxeñaría Informática

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a posta en marcha da iniciativa “Programación nas Escolas”, , unha iniciativa pioneira que se enmarca no proxecto Abalar. No acto de sinatura tamén estiveron presentes o director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira, e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila.

A Xunta garantirá a inclusión de canalizacións para telecomunicacións en todos os proxectos de estradas autonómicas

A Xunta garantirá a inclusión de canalizacións para telecomunicacións en todos os proxectos de estradas autonómicas

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta garantirá a inclusión de canalizacións para telecomunicacións en todos os proxectos de estradas autonómicas. Deste xeito, referiuse á aprobación hoxe, no Consello, do decreto que desenvolve a Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia (aprobada o pasado ano).