A Xunta completa a activación da aplicación para móbiles coa que consultar a predición meteorolóxica por concellos
A Xunta completa a activación da aplicación para móbiles coa que consultar a predición meteorolóxica por concellos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de completar a activación da aplicación gratuíta Meteogalicia coa que os cidadáns poderán consultar a información de predición e das redes de observación de Meteogalicia por concellos e para un horizonte de ata 10 días, a través dos seus dispositivos móbiles.