A Xunta inicia a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro
A Xunta inicia a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro
A Xunta inicia a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica (HSUE) nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro. A partir do mes de xullo os traballadores sociais destes concellos terán acceso ao expediente social dos usuarios en formato electrónico. Este período de probas nestas entidades locais permitirá abordar posibles axustes de cara ao despregamento progresivo nos concellos galegos, que se prevé a partir de setembro.