O Plan de banda larga da Xunta e o operador galego R facilítanlle este ano o acceso a redes de ata 350mbps a 7 polígonos da provincia de Lugo

O Plan de banda larga da Xunta e o operador galego R facilítanlle este ano o acceso a redes de ata 350mbps a 7 polígonos da provincia de Lugo

O Plan de banda larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 7 polígonos da provincia de Lugo. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A Amtega e o CPETIG celebrarán este ano a VII Xornada de Informática Xudicial

A Amtega e o CPETIG celebrarán este ano a VII Xornada de Informática Xudicial

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. O convenio contempla como novidade a celebración do I Congreso de Xestión de Proxectos de Software e a continuidade de accións formativas sobre Seguridade Informática e Scratch.

A Amtega e o CPEIG abordarán nunha xornada as oportunidades laborais da transformación dixital e crearán unha wiki sobre a Historia da Informática de Galicia

A Amtega e o CPEIG abordarán nunha xornada as oportunidades laborais da transformación dixital e crearán unha wiki sobre a Historia da Informática de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)  abordarán nunha xornada as oportunidades que ofrece a transformación dixital; crearán unha wiki sobre a Historia da Informática en Galicia; celebrarán un ciclo de xornadas sobre os perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, estudantes e familias.

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R facilítanlle este ano o acceso a redes de ata 350Mbps a 4 polígonos da provincia de Ourense

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R facilítanlle este ano o acceso a redes de ata 350Mbps a 4 polígonos da provincia de Ourense

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 4 polígonos da provincia de Ourense. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e a delegada da Xunta en Ourense, María Sol Díaz.

As actuacións do Plan comezaron en 2016 e xa hai 3 polígonos da provincia que dispoñen deste servizo, que se estenderá a outros 4 en 2018.

As microempresas galegas incrementan o investimento en TIC nun 45%

As microempresas galegas incrementan o investimento en TIC nun 45%

O tecido empresarial galego incrementou o gasto en bens e servizos TIC entre 2014 e 2015. O crecemento máis significativo rexistrouse nas microempresas cun aumento do 45%, pasando de 26 millóns de euros a case 38 millóns de euros. Nas empresas de 10 ou máis empregados o investimento pasou de 63 millóns de euros a 72,8 millóns, o que supón un crecemento do 15%.  As microempresas destinan máis recursos aos bens TIC, mentres que as empresas de 10 ou máis traballadores destinan a maior parte do gasto a servizos e consultas TIC.

Asturias interésase polo modelo de Historia Social Única Electrónica que está a implantar a Xunta de Galicia

Asturias interésase polo modelo de Historia Social Única Electrónica que está a implantar a Xunta de Galicia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Arturo Parrado, mantiveron a pasada semana unha reunión de traballo coa directora xeral de Planificación e Innovación Social da Consellería de Servizos e Dereitos Sociais, Nerea Eguren; e a directora xeral de Planificación Sanitaria da Consellería de Sanidade de Asturias, Mª Concepción Saavedra, que se achegaron a Galicia para coñecer de primeira man a iniciativa da Historia Social Única Electrónica (HSUE), que está a desenvolve

A Amtega celebra a segunda edición do programa AceleraTIC+ para formar a directivos de pemes nas claves da transformación dixital

A Amtega celebra a segunda edición do programa AceleraTIC+ para formar a directivos de pemes nas claves da transformación dixital

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xerente de Afundación Pedro Otero, inauguraron hoxe na Cidade da Cultura a Xornada de presentación do Programa AceleraTIC+, para formar a persoal directivo de empresas en aspectos clave relacionados coa transformación dixital dos seus negocios.

A Amtega e a AETG elaborarán unha guía técnica de instalación das infraestruturas necesarias para ofrecer servizos de Fogar Dixital

A Amtega e a AETG elaborarán unha guía técnica de instalación das infraestruturas necesarias para ofrecer servizos de Fogar Dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) elaborarán unha guía técnica de infraestruturas de soporte de Fogar Dixital, que incluirá un proxecto tipo para a instalación destas infraestruturas nas vivendas de nova construción. É unha das actuacións recollidas no convenio de colaboración que veñen de asinar a directora da Amtega e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro.

A Amtega selecciona as 10 aulas que participan na terceira edición do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova

A Amtega selecciona as 10 aulas que participan na terceira edición do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de seleccionar os 10 proxectos que participarán na terceira edición do Programa CeMIT-Innova e que se suman aos 18 xa desenvolvidos en anos anteriores. As iniciativas seleccionadas foron presentadas polas aulas CeMIT dos concellos de Bande, Boborás, Brión, Catoira, Carballedo, Cuntis, Oroso, Ourense, Narón e Santa Comba, co que hai representación das catro provincias.

A Secretaría Xeral para o Deporte organiza unha xornada de formación para as federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte organiza unha xornada de formación para as federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e coa Escola Galega da Administración Pública (EGAP), levou a cabo, na mañá de hoxe, unha xornada de formación destinada ás 59 federacións deportivas galegas.