O CDTIC acollerá o 8 de febreiro a presentación do xestor documental “DIGITALDOCU” e da solución “JUSTBREADSOFT” para a xestión de panaderías

O CDTIC acollerá o 8 de febreiro a presentación do xestor documental “DIGITALDOCU” e da solución “JUSTBREADSOFT” para a xestión de panaderías

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza o día 8 de febreiro dúas sesións demostradoras que levan por título “Beneficios da xestión documental na túa organización” (https://cdtic.xunta.gal/unayta-xestion-documental) e “JustBreadSoft: aforra tempo na xestión da túa panadería” (https://cdtic.xunta.gal/unayta-panaderias).

A Xunta destaca a aposta de Dimalnox pola renovación tecnolóxica para completar procesos e mellorar a súa competitividade

A Xunta destaca a aposta de Dimalnox pola renovación tecnolóxica para completar procesos e mellorar a súa competitividade

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe as instalacións en Culleredo de Dimalnox, onde salientou a aposta desta compañía pola modernización tecnolóxica para completar os seus procesos de produción e mellorar a súa competitividade.

A Xunta dotará de máis medios tecnolóxicos as fiscalías de Galicia para o seguimento do expediente xudicial

A Xunta dotará de máis medios tecnolóxicos as fiscalías de Galicia para o seguimento do expediente xudicial

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron hoxe a reunión da Comisión Mixta entre ambas institucións, na que tamén asistiu o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, onde abordaron a nova fase da renovación continuada dos postos de traballo do Ministerio Público. A partir do 20 de febreiro distribuiranse nas fiscalías 138 ordenadores de sobremesa e 93 portátiles, co que quedará finalizada a adecuación solicitada para o seguemento do expediente xudicial.

O CDTIC da Amtega celebra este xoves en Vigo unha xornada sobre a xestión dunha tenda en liña con Wordpress e Woocommerce

O CDTIC da Amtega celebra este xoves en Vigo unha xornada sobre a xestión dunha tenda en liña con Wordpress e Woocommerce

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o xoves, 9 de febreiro, unha sesión demostradora que leva por título “Xestiona o teu negocio en liña con WooCommerce e WordPress” (https://cdtic.xunta.gal/woocommerce-vigo) e que terá lugar na aula CeMIT de Vigo en horario de 16.15 a 19.15 horas.

A Xunta reafirma a súa aposta pola innovación co novo portal web de promoción turística de Galicia Escoitar

A Xunta reafirma a súa aposta pola innovación co novo portal web de promoción turística de Galicia Escoitar

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron o novo portal web de promoción turística de Galicia (www.turismo.gal) que mellora a súa consulta dende dispositivos móbiles, facilita a navegación, prioriza o emprego da fotografía como argumento de atracción e incrementa a visibilidade das empresas turísticas do sector.

A Amtega pon en marcha o 23 de febreiro o programa # UpdatePeme, que amosará solucións tecnolóxicas para diferentes sectores empresariais a través de casos de éxito

A Amtega pon en marcha o 23 de febreiro o programa # UpdatePeme, que amosará solucións tecnolóxicas para diferentes sectores empresariais a través de casos de éxito

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha o programa #UpdatePeme, cun enfoque sectorial, orientado a promover a transformación dixital das pemes dando a coñecer as solucións tecnolóxicas que se están aplicando con éxito en pemes galegas. O programa, integrado nas actividades do Centro Demostrador TIC da Amtega, abranguerá varias sesións dirixidas a colectivos empresariais específicos, nas que diversas empresas exporán a súa experiencia particular no uso dun produto ou servizo TIC de utilidade para o colectivo.

O Centro Demostrador TIC da Amtega amosará unha solución para a xestión eficaz do correo electrónico o vindeiro 21 de febreiro

O Centro Demostrador TIC da Amtega amosará unha solución para a xestión eficaz do correo electrónico o vindeiro 21 de febreiro

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o día 21 de febreiro unha sesión demostradora que leva por título “Descubre o correo electrónico intelixente Mailbor” (https://cdtic.xunta.gal/mailbor-santiago) e que terá lugar nas súas instalacións de Santiago en horario de 16.15 a 19.15 horas.

A Xunta activa o servizo de emisión de certificados a través da súa sede electrónica

A Xunta activa o servizo de emisión de certificados a través da súa sede electrónica

A Xunta activa o servizo de emisión de certificados a través da súa sede electrónica, segundo se recolle nunha resolución conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), publicada hoxe no DOG.

A Xunta organiza un ciclo de webinars para afondar nas vantaxes dos servizos ReAcciona e ReAcciona TIC

A Xunta organiza un ciclo de webinars para afondar nas vantaxes dos servizos ReAcciona e ReAcciona TIC

A Xunta, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza un ciclo de webinars para difundir os servizos que ofrecen os programas ReAcciona e ReAcciona TIC, cuxas vixentes convocatorias están abertas ata o día 28 de febreiro.