Os galegos realizaron preto de medio millóns de trámites online coa Xunta durante o estado de alarma
Os galegos realizaron preto de medio millóns de trámites online coa Xunta durante o estado de alarma
Durante o estado de alarma as canles electrónicas foron a única vía de comunicación coa administración autonómica e durante esas 12 semanas os galegos realizaron máis de 478.000 xestións online coa Xunta, máis do dobre que no mesmo período de 2019. A dispoñibilidade da sede electrónica e as oficinas virtuais foi chave para garantir a relación telemática dos cidadáns coa Administración e a xestión dos trámites abertos durante ese período, como a presentación de ERTES, a presentación de escritos ou a solicitude de axudas para libros de texto ou o recoñecemento á dependencia.