Polo tecnolóxico do Gaiás
Polo tecnolóxico do GaiásO Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de HPE e o centro de innovación social dixital Conecting for good Galicia de Vodafone abren as súas portas na Cidade da Cultura |
Polo tecnolóxico do GaiásO Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de HPE e o centro de innovación social dixital Conecting for good Galicia de Vodafone abren as súas portas na Cidade da Cultura |
Axenda Dixital de Galicia 2020O 30 de abril de 2015 aprobouse a Axenda Dixital de Galicia 2020, unha estratexia que dá resposta ao novo contexto dixital e a como as políticas TIC poden formularse para apoiar o crecemento na Comunidade apostando por un modelo de crecemento vinculado á economía dixital. Un ano máis tarde é momento de facer balance, coa finalidade de dar conta dos avances acadados en termos de repercusión e impacto socieconómico das iniciativas impulsadas. |
Estratexia de Crecemento DixitalA Estratexia de Crecemento Dixital é unha folla de ruta na que se establecen as liñas estratéxicas da Política Tecnolóxica da Xunta de Galicia para o horizonte 2020, e, en todo caso, estará completamente aliñada coa RIS 3 de Galicia para establecer relacións sinérxicas entre elas. |
Axenda Dixital 2014.galA continuación amósanse o documento actual da Axenda Dixital 2014.gal, os balances acumulados, e os informes anuáis.
Axenda Dixital de Galicia 2014.gal |
A estratexia 2014.gal Axenda Dixital de Galicia é un plan do Goberno galego para catro anos.
Preto de dous anos despois do seu lanzamento, xa foron executadas diversas iniciativas enmarcadas nesta folla de ruta que dan resposta a actuacións prioritarias para o noso Goberno, como son intensificar os apoios aos sectores produtivos, impulsar o emprendemento e potenciar a internacionalización e a innovación, piares fundamentais para facer unha Galicia máis competitiva.
A estratexia 2014.gal Axenda Dixital de Galicia é un plan do Goberno galego para catro anos. Dentro das políticas de transparencia e comunicación, a continuación preséntase o balance e a avaliación dos principais resultadosderivados das actuacións postas en marcha ata o momento e o grao de cumprimento dos compromisos establecidos na propia Axenda Dixital de Galicia.
Galicia estableceu como obxectivo, dentro do actual marco establecido polo Plan estratéxico Galicia 2010-2014, o reto de converxer co horizonte europeo para 2020. Deste plan xorde a Axenda Dixital de Galicia como aposta pola definición dunha estratexia clara en materia de sociedade da información, que nos permita competir como rexión no novo mercado único dixital europeo definido pola Axenda Dixital para Europa e na nova economía do coñecemento, como camiño para unha recuperación económica sustentable.