OSIMGA

Modernización da Administración

A Xunta de Galicia vén desenvolvendo un conxunto de medidas a través da Axenda Dixital 2014.gal para avanzar cara a unha Administración electrónica capaz de ofrecerlles á cidadanía e ás empresas uns servizos eficientes e próximos mediante o emprego das tecnoloxías da información. Unha administración aberta as 24 horas os 365 días do ano, máis transparente e participativa.

Acreditación Digital del Empleado Público

Acreditación Dixital do Empregado Público

Dotar o funcionariado de identidade dixital para o desempeño das súas funcións implica dispoñer da infraestrutura tecnolóxica e humana axeitada.

A Xunta de Galicia asinou coa FNMT-CRM un contrato para a obtención de este tipo de certificados electrónicos que permiten a identificación, autentificación e sinatura dos organismos e entidades públicas que conforman o sector público de Galicia e do persoal funcionario para o desenvolvemento das súas funcións.

Oficina de información e rexistro

Unha oficina de información e rexistro é un centro de atención á cidadanía que acode a presentar solicitudes, escritos e comunicacións na Xunta de Galicia ou a informarse acerca dos servizos ofrecidos.

Estas oficinas experimentaron un proceso de modernización nos últimos anos, caracterizado por:

Portasinaturas

O Portasinaturas é unha aplicación que proporciona a funcionalidade necesaria para poder asinar masivamente lotes de documentos de xeito telemático e seguro. Esta solución, pensada para ser empregada por usuarios e outras aplicacións, permite asinar directamente documentos electrónicos ou solicitar a sinatura de documentos tanto a un como a varios asinantes ao mesmo tempo.

Servizos Públicos Dixitais

O desenvolvemento e a madurez dos servizos públicos dixitais permite mellorar a calidade de vida das persoas efavorece a xeración dunha cultura dixital dentro dos perceptores dos servizos. O uso da tecnoloxía para a prestación de servizos públicos foi frecuente, en especial, cos primeiros avances normativos que xa se empezaron a introducir na lexislación española coa aprobación de Lei 30/1992.

Proxecto Abalar

Servizos públicos dixitais: emprego

Plan de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia
O Servizo Público de Emprego de Galicia está a desenvolver un conxunto de medidas que buscan un maior achegamento coa poboación demandante de emprego e as empresas galegas e, ao mesmo tempo, que ese achegamento implique o menor impacto ambiental posible.

Servizos públicos dixitais: sanidade

O novo modelo sanitario chega da man da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no sector da saúde, con fin de posibilitar a resolución de problemas complexos, de xeito áxil e seguro.

No ámbito sanitario interveñen cidadanía e profesionais de diferentes niveis asistenciais, afeitos a empregar as TIC, que permiten salvar barreiras xeográficas, achegando ata a poboación a asistencia sanitaria e permitindo que diferentes profesionais da saúde poidan compartir coñecementos desde onde estean.

Servizos públicos dixitais: xustiza

Servizos públicos dixitais: xustiza

O Plan de sistemas TIC da Administración de Xustiza en Galicia

A modernización da xustiza, ademais de estar avalada polos representantes políticos, é tamén unha aspiración dos distintos colectivos profesionais que se encargan do funcionamento diario de xulgados e tribunais, e vén a constituír unha prioridade das distintas organizacións que teñen atribuídas responsabilidades no seu goberno e funcionamento.