O Plan eConcellos
Plan eConcellos nace co obxectivo de colaborar na modernización das administracións locais galegas mediante a coordinación entre estas e as administracións autonómicas para:
Plan eConcellos nace co obxectivo de colaborar na modernización das administracións locais galegas mediante a coordinación entre estas e as administracións autonómicas para:
O termo “seguridade da información” implica a preocupación pola confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos, independentemente da forma que estes adquiran (electrónica, impresa, oral...). Protexer a información non só é un requisito de servizo, senón que tamén é un requisito ético e legal.
A continuación móstrase a lexislación autonómica referida á administración electrónica:
Decreto 74/2015, do 13 de maio, polo que se regula a organización da presenza na internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia baixo o dominio de nivel superior .gal.
Rede CemitA Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020. |
Os obxectivos da Rede CeMIT son compartidos con outras entidades nun interese común de fomentar a dinamización socioeconómica da cidadanía galega na sociedade da información e o coñecemento.
Por tal motivo facilítase a colaboración directa destas entidades coa Rede CeMIT, mediante o intercambio de información e experiencias que conduza á creación de sinerxías, optimizando todos os recursos dispoñibles.
O fomento do uso do software libre e de fontes abertas no sector empresarial, na sociedade e na Administración supón unha aposta estratéxica do Goberno galego en liña co marco estratéxico tecnolóxico da Xunta de Galicia, a Axenda Dixital 2020 (ADG 2020), que recolle o software libre como un dos principios para a xestión eficiente das distintas iniciativas.
Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)
O artigo 6 do Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática describe os coñecementos de ofimática necesario para a obtención do devandito certificado.