A Xunta presenta o primeiro dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as tecnoloxías da información e comunicación
A Xunta presenta o primeiro dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as tecnoloxías da información e comunicación
A lingua galega conta xa co primeiro dicionario enciclopédico sobre novas tecnoloxías. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela, participaron esta mañá na presentación do Dicionario galego das TIC ou Digatic, un traballo que pretende divulgar a terminoloxía das novas tecnoloxías en lingua galega e ser, ademais, unha ferramenta pedagóxica para o seu uso e difusión no ensino e entre a cidadanía en xeral.