A Xunta fai posible a conexión a internet de banda larga en dous novos polígonos industriais a través da rede WIMAX
A Xunta fai posible a conexión a internet de banda larga en dous novos polígonos industriais a través da rede WIMAX
A Xunta de Galicia fará posible, a partir do vindeiro luns 25, a conexión a Internet de banda larga en dous novos polígonos industriais da Comunidade a través do proxecto WIMAX. Cos parques empresariais de Espiñeiro, en Boiro, e de Mirallos, en Moraña, serán xa 25 os polígonos que se benefician desta iniciativa posta en marcha polo Goberno galego para suplir as carencias de acceso a internet nestes emprazamentos.