A Xunta de Galicia pon en marcha a rede WIMAX de acceso a internet nos polígonos industriais de Arzúa e Meaño
A Xunta de Galicia pon en marcha a rede WIMAX de acceso a internet nos polígonos industriais de Arzúa e Meaño
Os polígonos industriais dos concellos de Arzúa e Meaño disporán de Rede Wimax para acceder á banda larga a partir de mañá martes, 2 de marzo. Ambos municipios se incorporan ao proxecto WIMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para paliar as carencias no acceso a internet de banda larga nestes puntos. As deficiencias no acceso a unha rede de calidade nestas zonas provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas alí radicadas para competir no mercado actual.