Feijóo salienta que a Cidade da Cultura converterase no “corazón dixital de Galicia” porque acollerá tanto o persoal como a plataforma tecnolóxica da nosa comunidade
Feijóo salienta que a Cidade da Cultura converterase no “corazón dixital de Galicia” porque acollerá tanto o persoal como a plataforma tecnolóxica da nosa comunidade
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, manifestou hoxe que coa ubicación do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) e da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica nas dependencias da Cidade da Cultura, esta infraestrutura converterase no “corazón dixital de Galicia” porque acollerá tanto o persoal como a plataforma tecnolóxica da nosa comunidade. “Imos tentar facer dos sotos da Cidade da Cultura o corazón dixital de Galicia, unha infraestrutura unificada, flexible e que teña espazo para crecer, máis segura e totalmente centralizada”, subliñou.