A Xunta de Galicia facilitou a constitución telemática de máis de 900 novas empresas a través do Igape
A Xunta de Galicia facilitou a constitución telemática de máis de 900 novas empresas a través do Igape
Dende a posta en marcha da súa rede composta por 7 Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Industria, facilitou a tramitación para a constitución de 900 novas sociedades mediante o sistema telemático que incorpora a figura xurídica Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), especialmente orientada aos impulsores de novas iniciativas empresariais e que en Galicia está a ser moi requirida desde o comezo.