Máis de mil persoas visitaron a exposición Galiciadixital itinerante durante a súa estancia en Pontevedra
Máis de mil persoas visitaron a exposición Galiciadixital itinerante durante a súa estancia en Pontevedra
Un total de 1.075 persoas se achegaron dende o 14 de setembro ata o pasado martes á delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra para visitar a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital.
Na súa estancia na cidade a mostra contou con algúns dos seus contidos máis chamativos, como o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, no que os espectadores teñen a posibilidade de descender pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).