Máis do 92% dos galegos e galegas emprega internet e máis da metade compra online
Máis do 92% dos galegos e galegas emprega internet e máis da metade compra online
O 92,5% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos usan internet e o 53,6% comprou online nos últimos tres meses, 5,1 máis que o ano anterior e a só 3 puntos da media estatal. Tamén sobe a porcentaxe de persoas que vendeu por internet nun ultimo ano, que acada o 19,6%.
Son datos publicados hoxe polo INE sobre os Fogares e as TIC, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que sinalan, tamén, que a totalidade de galegos e galegas de 16 a 34 anos empregan Internet por riba da media do Estado.