Catro de cada cinco empresas tecnolóxicas de Galicia utilizan software libre

Catro de cada cinco empresas tecnolóxicas de Galicia utilizan software libre

Un 84,6% das empresas TIC galegas dispoñen de software libre instalado nos seus equipos, tanto ordenadores persoais como servidores, segundo os resultados do informe que hoxe publica o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), referido a datos de 2023.

A Xunta aproba un acordo marco que permitirá aumentar a capacidade de almacenamento dos datos que xestionan todos os seus sistemas e aplicacións

A Xunta aproba un acordo marco que permitirá aumentar a capacidade de almacenamento dos datos que xestionan todos os seus sistemas e aplicacións

O Consello da Xunta aprobou hoxe un acordo marco para adquirir novo equipamento para o almacenamento dos datos que xeran todos os sistemas e aplicacións da Administración autonómica. O acordo prevé un investimento de ata 23 millóns de euros, que permitirá aumentar a capacidade de almacenamento actual para dar resposta ás necesidades do incremento dos servizos dixitais.

A Xunta avanza na mellora da cobertura móbil no rural do concello de Lugo

A Xunta avanza na mellora da cobertura móbil no rural do concello de Lugo

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), continúa cos traballos para mellorar a cobertura móbil no rural do concello de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, visitou a parroquia de Gondar, onde esta mañá rematou a instalación da torre que dará servizo á zona oeste do municipio.

A Xunta e o Banco de España poñen en marcha unha nova edición das sesións formativas ‘Finanzas para todos’ na rede CeMIT

A Xunta e o Banco de España poñen en marcha unha nova edición das sesións formativas ‘Finanzas para todos’ na rede CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Banco de España, organiza unha nova edición da iniciativa Finanzas para todos, que ofrece á cidadanía coñecementos básicos e as ferramentas necesarias para manexar as súas finanzas de forma responsable e informada nunha contorna dixital.

Preto de 120.000 galegos e galegas acceden á capacitación dixital gratuíta que ofrecen as 93 Aulas CeMIT, impulsadas pola Xunta

Preto de 120.000 galegos e galegas acceden á capacitación dixital gratuíta que ofrecen as 93 Aulas CeMIT, impulsadas pola Xunta

A Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica de Galicia (CeMIT) ten rexistrados un total de 119.432 usuarios desde a posta en marcha en 2010, unha cifra que non deixou de medrar desde entón, polo que se configurou como un dos instrumentos chave da Xunta para achegar a capacitación dixital a todos os galegos e galegas. Integrada por 93 aulas, a Rede está presente en 90 concellos e 52 comarcas e acumula, cun total de 591.259 horas de formación dixital gratuítas.

A Xunta lanza o Plan Anual de Software Libre con actuacións para incrementar o seu uso no tecido empresarial, nas administracións e entre a cidadanía

A Xunta lanza o Plan Anual de Software Libre con actuacións para incrementar o seu uso no tecido empresarial, nas administracións e entre a cidadanía

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Plan de Acción en Software Libre 2025, que recolle diferentes actuacións para promover o emprego e reutilización de software libre nas administracións públicas; impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para o tecido empresarial, e incrementar o seu uso e coñecemento entre a cidadanía.

O Centro GaiásTech fomenta as vocacións STEAM entre as rapazas cun taller sobre tecnoloxía e clima

O Centro GaiásTech fomenta as vocacións STEAM entre as rapazas cun taller sobre tecnoloxía e clima

O Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lanza unha nova actividade enmarcada nas actuacións para fomentar as vocacións femininas STEAM. O taller Ecocápsulas do Futuro: Supervivencia e Tecnoloxía nun Clima Cambiante terá lugar os días 10 e 24 de abril,  Día Internacional das Rapazas nas TIC. A apertura hoxe do prazo de inscrición coincide co Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia.

O Centro GaiásTech publica unha aplicación móbil que facilita o acceso aos seus servizos e abre foros de debate sobre tecnoloxías intelixentes

O Centro GaiásTech publica unha aplicación móbil que facilita o acceso aos seus servizos e abre foros de debate sobre tecnoloxías intelixentes

O Centro GaiásTech vén de sumar un novo servizo coa publicación dunha aplicación que busca incrementar a accesibilidade dos seus servizos a cidadáns e empresas. A app, que está dispoñible para Google Play e Apple Store, facilita aos usuarios a inscrición nas actividades, a reserva de espazos no centro e a participación en foros de debate enfocados nas tecnoloxías innovadoras.

A aplicación engádese aos 13 servizos que ofrece actualmente o GaiásTech e busca xerar comunidade en torno á transformación dixital a través do sistema de foros interactivos que ofrece.

Galicia, Castela e León, Andalucía, Valencia, Navarra, Estremadura e Murcia comparten recursos para facilitar o acceso da cidadanía a capacitación dixital

Galicia, Castela e León, Andalucía, Valencia, Navarra, Estremadura e Murcia comparten recursos para facilitar o acceso da cidadanía a capacitación dixital

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, vén de asinar un novo acordo coas Comunidades de Castela e León, Andalucía, Valencia, Navarra, Estremadura e Murcia para desenvolver contidos e compartir recursos orientados á capacitación dixital da sociedade. O convenio, recolle o compromiso dos sete gobernos autonómicos de aglutinar esforzos e evitar duplicidades para facilitar o acceso de toda a cidadanía á acreditación en competencias dixitais.

A Xunta actualiza a Estratexia Galicia Dixital 2030 cunha vintena de medidas que amplían os obxectivos marcados no inicio da década

A Xunta actualiza a Estratexia Galicia Dixital 2030 cunha vintena de medidas que amplían os obxectivos marcados no inicio da década

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, actualizou a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) para adaptala aos cambios normativos, estratéxicos e tecnolóxicos, tanto a nivel nacional como europeo, que se produciron desde a súa aprobación en decembro de 2020. O proceso de análise e actualización, do que foi informado hoxe o Consello da Xunta, deu como resultado unha redefinición de retos, preto dunha vintena de novas iniciativas e a ampliación dos obxectivos marcados inicialmente.