Máis de 30 entidades do Nodo CIBER.gal unen esforzos para sensibilizar e capacitar ás empresas galegas en ciberseguridade

Máis de 30 entidades do Nodo CIBER.gal unen esforzos para sensibilizar e capacitar ás empresas galegas en ciberseguridade

O Nodo CIBER.gal anunciou a posta en marcha dun ciclo de actividades de sensibilización e capacitación dirixidas ao tecido empresarial de Galicia, que é o resultado da implicación de máis de 30 entidades vinculadas a esta estrutura de colaboración público-privada promovida polas Xunta de Galicia.

O ciclo, que desenvolverá unhas 20 actividades ata xuño deste ano, foi deseñado polo grupo de traballo de Empresas do Nodo co obxectivo de consolidar a Galicia como un referente en ciberseguridade e garantir unha contorna dixital segura.

Máis do 84% dos concellos emprega software libre no seu equipamento tecnolóxico

Máis do 84% dos concellos emprega software libre no seu equipamento tecnolóxico

O 84,1% dos concellos dispón de software libre nalgún equipo informático, ben nos ordenadores de usuario, ben nos seus servidores. O software libre ten maior implantación nas aplicacións de ordenador, coas que contan o 51,5% dos concellos, mentres que a presenza nos servidores sitúase no 46,4% das entidades locais.

Estes datos son parte do informe bianual “O Software Libre nos concellos de Galicia”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Xunta adapta o curso Celga 2 en liña á lectura fácil para facer accesible o coñecemento da lingua a toda a sociedade

A Xunta adapta o curso Celga 2 en liña á lectura fácil para facer accesible o coñecemento da lingua a toda a sociedade

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, presentou a adaptación do curso Celga 2 en liña á lectura fácil para facer accesible o coñecemento da lingua a toda a sociedade. Trátase dunha ferramenta dispoñible no Portal da Lingua Galega que, a través desta actualización, permite a autoformación con contidos e información accesible a persoas con discapacidades cognitivas para acadar a certificación no idioma galego.

A Xunta introduce o uso de intelixencia artificial na plataforma tecnolóxica de loita contra os incendios, que é xa un referente en España e Europa

A Xunta introduce o uso de intelixencia artificial na plataforma tecnolóxica de loita contra os incendios, que é xa un referente en España e Europa

A Xunta de Galicia promove o uso da intelixencia artificial para – entre outros posibles usos - a detección de incendios, a cartografía de pistas forestais ou a xestión das alertas ante lumes de especial gravidade e de última xeración. Así o anunciou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, durante a visita que realizou ao Centro de Coordinación Central de Galicia de Defensa contra os Incendios Forestais. O director da Axencia foi recibido no Centro de Control polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o seu equipo.

A Xunta de Galicia renova a sede electrónica cun novo deseño que facilita as buscas e as consultas desde o móbil

A Xunta de Galicia renova a sede electrónica cun novo deseño que facilita as buscas e as consultas desde o móbil

A Xunta renova a súa sede electrónica para facela máis accesible, personalizada e proactiva. A nova versión da sede.xunta.gal, parte da premisa de poñer ás persoas no centro dos servizos dixitais e introduce unha serie de melloras para simplificar o acceso aos trámites, facilitar as buscas e a visualización desde calquera dispositivo móbil.

Corgos destaca o compromiso da Xunta cunha IA que impulse o desenvolvemento da industria galega

Corgos destaca o compromiso da Xunta cunha IA que impulse o desenvolvemento da industria galega

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe o compromiso da Xunta cunha intelixencia artificial que impulse o desenvolvemento da industria galega.

Nesta liña, recordou que no mes de xaneiro publicáronse as bases que regulan as axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da IA co obxectivo de mellorar a actividade económica e industrial das empresas e a súa competitividade, así como integrar a intelixencia artificial nas súas cadeas de valor.

A Xunta presenta a súa Estratexia Dixital a responsables tecnolóxicos de empresas e institucións de América Latina e Caribe

A Xunta presenta a súa Estratexia Dixital a responsables tecnolóxicos de empresas e institucións de América Latina e Caribe

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, participou esta mañá nun encontro cunha quincena de responsables tecnolóxicos de empresas e institucións de México, Colombia e República Dominicana, así como co Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID), organizado polo Clúster TIC de Galicia no marco dunha misión tecnolóxica inversa, que busca amosar o potencial tecnolóxico da Comunidade e establecer pontes de colaboración internacionais.

A Xunta porá en marcha este ano unha oficina virtual para a asistencia remota a vítimas de delitos

A Xunta porá en marcha este ano unha oficina virtual para a asistencia remota a vítimas de delitos

A Xunta porá en marcha este ano unha oficina virtual de asistencia ás vítimas de delitos, que lles permitirá contactar a través de vídeoconferencia cos equipos de profesionais que atenden estes centros. O obxectivo desta iniciativa é ampliar o servizo que ofrecen actualmente as 7 oficinas de asistencia a vítima e facilitar unha atención personalizada e continua. Ademais, porase en marcha un espazo web con toda a información sobre os servizos destes centros para ampliar a súa difusión entre a sociedade.

O vehículo autónomo galego participará nos proxectos do programa Retech sobre ciberseguridade

O vehículo autónomo galego participará nos proxectos do programa Retech sobre ciberseguridade

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia aprobou hoxe unha modificación do convenio que está a permitir a creación en Galicia dunha rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de seguridade no marco do proxecto Retech no que Galicia participa xunto con Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Esta modificación permite que a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia colaboren para o uso en proxectos pilotos do vehículo eléctrico sen condutor desenvolvido por este último (Shuttle autónomo).