Santiago acollerá o martes unha xornada sobre a migración ás novas direccións de internet

Santiago acollerá o martes unha xornada sobre a migración ás novas direccións de internet

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes a Xornada “Preparando a Transición a IPv6, o Futuro de Internet”, organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). A xornada abordará o cambio de direccións IP en Internet, rexida ata agora polo protocolo IPv4 e que este ano irá sendo sustituido polo IPv6.

O Plan de Banda Larga da Xunta incrementou en preto de 39.000 as persoas con acceso a internet na provincia de Lugo

O Plan de Banda Larga da Xunta incrementou en preto de 39.000 as persoas con acceso a internet na provincia de Lugo

A día de hoxe arredor de 39.000 habitantes da provincia de Lugo que carecían de cobertura xa teñen acceso a Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. En menos dun ano desde a súa posta en marcha o Plan conseguiu estender o servizo de conexión a Internet a case 2.000 núcleos de 39 concellos da provincia.

Economía e Industria respalda con presenza institucional a presentación do Campus do Mar na Comisión Europea

Economía e Industria respalda con presenza institucional a presentación do Campus do Mar na Comisión Europea

A Consellería de Economía e Industria respalda a presentación do proxecto Campus do Mar da Universidade de Vigo ante a Comisión Europea (CE) coa presenza do director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, na delegación institucional que parte cara a Bruxelas mañá martes. Capilla aproveitará tamén a viaxe para manter contactos ao máis alto nivel co obxectivo de explorar vías de desenvolvemento de proxectos de alto impacto liderados por empresas galegas.

Santiago acolle mañá unha xornada de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

Santiago acolle mañá unha xornada de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

A Biblioteca Nodal de Santiago acolle mañá mércores, 6 de abril, unha das Xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”,  na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e  onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información.

A secretaria xeral de Modernización destaca que o novo protocolo de direccións de internet permitirá novos servizos e aplicacións para todo tipo de dispositivos

A secretaria xeral de Modernización destaca que o novo protocolo de direccións de internet permitirá novos servizos e aplicacións para todo tipo de dispositivos

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou hoxe que o despregamento do novo protocolo de direccións de Internet o IPv6 permitirá “novos servizos e aplicacións non só para usuarios senón para todo tipo de dispositivos avanzando cara o concepto da Internet das Cousas, un novo esquema no que os obxectos cotiás estean identificados e conectados á Rede”.

A Coruña e Vigo acollen mañá dúas xornadas de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

A Coruña e Vigo acollen mañá dúas xornadas de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

A Biblioteca Pública Miguel González Garcés de A Coruña e a Biblioteca Nodal de Vigo acollerán mañá xoves, 7 de abril, dúas das Xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”,  nas que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e  onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información

Modernización subvencionará con 1,2 millóns de euros a creación de contidos educativos dixitais e uns premios para profesores que desenvolvan novos materiais docentes

Modernización subvencionará con 1,2 millóns de euros a creación de contidos educativos dixitais e uns premios para profesores que desenvolvan novos materiais docentes

No marco do programa de Axudas para o desenvolvemento da sociedade da información, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano 1,2 millóns de euros a subvencionar a produción e publicación de materiais educativos por parte de empresas e á convocatoria dun premios para profesores que desenvolvan novos materiais docentes.

28 axentes TIC comezan a formación para xestionar as aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da rede CeMIT

28 axentes TIC comezan a formación para xestionar as aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da rede CeMIT

A aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia acolle hoxe unha xornada de formación para os axentes TIC que xestionarán as actividades das aulas CeMIT de 28 concellos. Proximamente, celebrarase a segunda edición desta xornada ata completar a formación dos 53 axentes TIC da Rede Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica.

Roberto Varela asegura que a Biblioteca Dixital Galega ‘Galiciana’ situará “o noso patrimonio bibliográfico ao alcance de calquera persoa cunha conexión a internet”

Roberto Varela asegura que a Biblioteca Dixital Galega ‘Galiciana’ situará “o noso patrimonio bibliográfico ao alcance de calquera persoa cunha conexión a internet”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou esta mañá na apertura da primeira edición do Seminario Internacional da Biblioteca de Galicia “As Bibliotecas Dixitais”, que Galiciana -a biblioteca dixital galega- situará o “riquísimo acervo bibliográfico galego ao alcance de calquera, ao facer posible que se poida acceder a estes fondos simplemente cunha conexión a internet”.

A Xunta investirá case 200 millóns de euros en 2011 para pasar do 70% de galegos con acceso á banda larga en 2009 ao 83%

A Xunta investirá case 200 millóns de euros en 2011 para pasar do 70% de galegos con acceso á banda larga en 2009 ao 83%

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que a Xunta investirá 196 millóns de euros en 2011 co obxectivo de pasar do 70% de galegos con acceso á banda larga que había no ano 2009 ao 83% da poboación. Así o explicou o titular do Goberno galego tras a reunión semanal do Consello da Xunta, na que se autorizou este investimento co que se continuará coa aplicación da Axenda Dixital 2014.gal.