Farjas asegura que este ano todos os profesionais terán acceso á historia clínica electrónica e á E-receita

Farjas asegura que este ano todos os profesionais terán acceso á historia clínica electrónica e á E-receita

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, expuxo hoxe no Parlamento de Galicia os avances realizados no eido da Atención Primaria esta lexislatura, entre os que salientou que xa está practicamente completada a dotación de equipamento informático que permitirá que neste ano todos os profesionais teñan acceso á historia clínica e receita electrónica.

A Xunta de Galicia incentivará ao profesorado para que desenvolva novos contidos educativos dixitais

A Xunta de Galicia incentivará ao profesorado para que desenvolva novos contidos educativos dixitais

Os profesores galegos poderán optar este ano a galardóns polo desenvolvemento de novos contidos educativos con entidade dixital, grazas á convocatoria de premios ao profesorado que traballe neste tipo de contidos.

O Diario Oficial de Galicia deixará de publicarse en papel o vindeiro luns

O Diario Oficial de Galicia deixará de publicarse en papel o vindeiro luns

A edición electrónica do Diario Oficial de Galicia  substituirá definitivamente á versión impresa o vindeiro luns, 2 de maio. Así se recolle nunha orde publicada hoxe no DOG. Deste xeito avánzase un paso máis no proceso de modernización da Administración autonómica e cúmprese cun dos obxectivos recollidos no decreto de Administración electrónica aprobado polo Goberno galego o pasado mes de decembro.

A Xunta pon en marcha un servizo de videointerpretación para persoas xordas no rexistro xeral e a través da súa web

A Xunta pon en marcha un servizo de videointerpretación para persoas xordas no rexistro xeral e a través da súa web

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, puxo hoxe en marcha un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas no Rexistro Xeral da Xunta e a través da portal corporativo. Este servizo, que permite acceder á mesma información que se facilita a través do teléfono 012, estará dispoñible tamén nas delegacións territoriais da Administración autonómica na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo  e Ferrol ao longo dos meses de maio e xuño.

A aula CeMIT do concello de Burela celebrará 6 cursos de alfabetización dixital no mes de maio

A aula CeMIT do concello de Burela celebrará 6 cursos de alfabetización dixital no mes de maio

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela celebrará 6 cursos e 1 charla durante o mes de maio.

A Aula CeMIT de Burela acollerá 3 cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”. As diferentes edicións deste curso desenvolveranse en tres quendas. A primeira entre o 2 e o 11 de maio en horario de 11 a 12:30 horas; a segunda entre o 4 e o 23 de maio de luns a xoves de 16 a 17 horas e a terceira desde o 11 ao 30 de maio en horario de 19 a 20 horas.

Mañá comezará a funcionar o novo centro emisor de TDT das Nogais, do que se beneficiarán máis de 500 veciños

Mañá comezará a funcionar o novo centro emisor de TDT das Nogais, do que se beneficiarán máis de 500 veciños

Mañá, martes, día 3 de maio, logo do remate dos traballos de instalación, comezará a funcionar o novo centro emisor de Televisión Dixital Terrestre das Nogais. Máis de 500 veciños da zona verán mellorado o seu sinal de TDT a partir da posta en funcionamento do novo emisor.

O emisor das Nogais está emprazado no alto da parroquia de Vilaicende, a máis de 800 metros de altura, e emitirá as canles autonómicas, TVG, Cope TV e Voz TV, ademais das cadeas públicas nacionais.

O Plan de Modernización da Xunta permitirá que o 100% dos trámites da directiva de servizos se realicen telematicamente a finais de 2011

O Plan de Modernización da Xunta permitirá que o 100% dos trámites da directiva de servizos se realicen telematicamente a finais de 2011

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recordou hoxe que un dos obxectivos do Plan de Modernización da Administración que está a desenvolver a Xunta é que a finais de 2011 o 100% dos procedementos da directiva de servizos, a maioría dos vinculados a emprendedores e autónomos, se poidan realizar telematicamente. Deste xeito axilízase a xestión dos trámites que para o acceso a unha actividade económica de servizos e do seu exercicio.

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle hoxe unha xornada formativa sobre o esquema nacional de seguridade

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle hoxe unha xornada formativa sobre o esquema nacional de seguridade

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo celebrou esta mañá a Xornada de Difusión do Esquema Nacional de Seguridade que dende mediados do mes de abril se está a celebrar por todas as delegacións do Goberno galego para rematar hoxe na cidade olívica.

O sumario do caso Carioca non foi obxecto de ningún ataque informático

O sumario do caso Carioca non foi obxecto de ningún ataque informático

O sumario do caso Carioca non foi obxecto de ningún ataque informático. Como xa se explicou no seu día, en novembro de 2009 produciuse unha incidencia informática que bloqueou o acceso á información por parte dos usuarios. Este incidencia non provocou en ningún momento a perda de ningún dato e tampouco se produciu o acceso de ningún pirata informático.

Tres proxectos europeos reforzarán a cooperación de segunda xeración entre Galicia e o Norte de Portugal

Tres proxectos europeos reforzarán a cooperación de segunda xeración entre Galicia e o Norte de Portugal

O director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, compareceu esta mañá no Parlamento galego para informar dos tres proxectos de cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal nos que participa o seu departamento neste momento, e que supoñen unha achega ás arcas galegas de 2,3 millóns de euros procedentes de fondos europeos.