A secretaria xeral para o Turismo inaugura en Santiago “Compostweets 2011”, o primeiro encontro anual de social media en Galicia

A secretaria xeral para o Turismo inaugura en Santiago “Compostweets 2011”, o primeiro encontro anual de social media en Galicia

A iniciativa Compostweets 2011 bota a andar por primeira vez en Galicia coa organización do Primeiro Encontro Anual de Social Media, organizado pola Axencia Creativa Lúdica 7 co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura e coa colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, inaugurou hoxe o encontro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

A Xunta elabora unha guía que regula o uso dos estándares abertos nos documentos que se publican nas webs corporativas

A Xunta elabora unha guía que regula o uso dos estándares abertos nos documentos que se publican nas webs corporativas

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica acaba de publicar unha guía coas políticas de uso de formatos nos documentos que se publican nas webs da Administración autonómica. O documento prioriza o uso de documentos en formatos de estándares abertos en todos os ficheiros que se poñen a disposición dos usuarios a través das páxinas web. A creación deste documento enmárcase nas políticas de ordenación da presenza da administración pública en Internet.

O operador público Retegal renova a súa páxina web

O operador público Retegal renova a súa páxina web

O operador público Retegal estrea nova web proporcionando un acceso aos seus contidos máis doado para os usuarios. O portal de Retegal expón todos os servizos que presta o operador público á sociedade galega e a outros operadores de comunicacións: dende a difusión de sinais de TDT ata a participación no Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, pasando por servizos de mantemento de equipamento de telecomunicacións ou transmisión de datos a alta velocidade.

A Xunta lidera un proxecto de desenvolvemento sostible na Eurorrexión que creará un Xeoportal para facer accesible toda a información territorial dispoñible

A Xunta lidera un proxecto de desenvolvemento sostible na Eurorrexión que creará un Xeoportal para facer accesible toda a información territorial dispoñible

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, lidera un proxecto de cooperación transfronteriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, en asociación co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que ten como obxectivo definir un modelo para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión.

O polígono industrial de Bamio en Vilagarcía de Arousa disporá desde mañá de Rede Wimax de acceso a internet dentro dun proxecto promovido pola Xunta

O polígono industrial de Bamio en Vilagarcía de Arousa disporá desde mañá de Rede Wimax de acceso a internet dentro dun proxecto promovido pola Xunta

O polígono industrial de Bamio no Concello de Vilagarcía de Arousa disporá de Rede Wimax para acceder á banda larga a partir de mañá xoves, 3 de marzo. O municipio incorpórase ao proxecto WIMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para paliar as carencias no acceso a internet de banda larga nestes puntos. As deficiencias no acceso a unha rede de calidade nestas zonas provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas alí radicadas para competir no mercado actual.

No último ano Galicia experimentou un incremento na conexión á banda larga superior ao conxunto do estado e á media europea

No último ano Galicia experimentou un incremento na conexión á banda larga superior ao conxunto do estado e á media europea

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presidiu hoxe o pleno do Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia no que se fixo balance do primeiro ano de xestión, se aprobou o Plan de traballo para 2011 e se avaliaron os últimos datos sobre o estado da Sociedade da Información na Comunidade. O OSIMGA está adscrito á Secretaría Xeral de Modernización e as súas actuacións enmárcanse nas iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal.

O espazoAbalar ponse hoxe a disposición de todos os centros educativos de Galicia

O espazoAbalar ponse hoxe a disposición de todos os centros educativos de Galicia

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela, o funcionamento do acceso ao espazoAbalar, que a partir de hoxe está dispoñible para todos os centros educativos de Galicia que impartan Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato –e non só para os inseridos no ProxectoAbalar, como ata o momento-.

Mar Pereira sinala que a integración das TIC nas entidades locais permitirá estimular o progreso local e xerar novos investimentos

Mar Pereira sinala que a integración das TIC nas entidades locais permitirá estimular o progreso local e xerar novos investimentos

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, sinalou hoxe que o impulso da Administración electrónica nas entidades locais permitirá estimular o progreso local e xerar novos investimentos. A responsable autonómica interveu esta mañá no Seminario sobre o proxecto europeo Axenda Dixital Local organizado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Feijóo subliña que o futuro Centro de Proceso de Datos da Cidade da Cultura permitirá aforrar “máis de 3 millóns de euros ao ano” e fará da administración “unha porta aberta 24 horas ao día”

Feijóo subliña que o futuro Centro de Proceso de Datos da Cidade da Cultura permitirá aforrar “máis de 3 millóns de euros ao ano” e fará da administración “unha porta aberta 24 horas ao día”

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que o futuro Centro de Proceso de Datos que se ubicará na Cidade da Cultura permitirá un aforro de “máis de tres millóns ao ano”. Así mesmo, Feijóo sinalou que nesta decisión conflúen outras tres “importantes aspiracións”: “Dotarnos de una plataforma tecnolóxica imprescindible para cumprir os compromisos da Axenda Dixital 2014.gal. Permitir que todo o equipo de tecnólogos da Xunta de Galicia estea ubicado alí. E ampliar a rendibilidade social da Cidade da Cultura”.

A Xunta plasma a súa aposta polo fomento das novas tecnoloxías cun plan de formación 2011 que ofrece máis de 1.000 cursos gratuítos en 89 concellos galegos

A Xunta plasma a súa aposta polo fomento das novas tecnoloxías cun plan de formación 2011 que ofrece máis de 1.000 cursos gratuítos en 89 concellos galegos

A Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT), que recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se impartirán en 89 concellos. Este programa, que chegará a ao redor de 12.000 usuarios mediante formación presencial e online, constitúe a plasmación da aposta do Goberno galego polo fomento do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, tanto entre os colectivos máis afectados pola fenda dixital como entre os profesionais e o ámbito empresarial.