A Xunta de Galicia e o Goberno de Panamá colaboran intercambiando experiencias e compartindo información sobre as súas iniciativas tecnolóxicas
A Xunta de Galicia e o Goberno de Panamá colaboran intercambiando experiencias e compartindo información sobre as súas iniciativas tecnolóxicas
A Xunta de Galicia e o Goberno de Panamá colaborarán no eido das tecnoloxías da información e da comunicación intercambiando experiencias e compartindo información sobre as iniciativas que ambas administracións están a desenvolver neste eido.
Así se recolle nun protocolo asinado entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o administrador xeral da Autoridade Nacional para a Innovación Gubernamental da República de Panamá, o enxeñeiro Eduardo E. Jaén.