Mar Pereira destaca a capacidade tecnolóxica de Galicia para ofrecer solucións innovadoras que faciliten a inclusión social

Mar Pereira destaca a capacidade tecnolóxica de Galicia para ofrecer solucións innovadoras que faciliten a inclusión social

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, inaugurou esta mañá a I Xornada de Boas Prácticas para a Inclusión Social. Trátase dunha iniciativa do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta para dar a coñecer ás entidades de acción social da Comunidade solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC Galegas.

Preto de 700 familias e empresas das zonas con máis dificultades de cobertura acceden a Internet vía satélite grazas á subvención da Xunta

Preto de 700 familias e empresas das zonas con máis dificultades de cobertura acceden a Internet vía satélite grazas á subvención da Xunta

Un total de 676 familias e empresas solicitaron no prazo dun mes ás axudas da Xunta para contratar o servizo de conexión a internet vía satélite. Esta actuación corresponde á sexta e última liña do Plan de Banda Larga da Xunta e está destinada ás zonas da Comunidade máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible vía satélite. Estas axudas convocaranse de novo en 2013 e 2014.

A Rede CeMIT impartiu en 2012 máis de 38.000 horas de formación dixital gratuíta, o dobre que en 2011

A Rede CeMIT impartiu en 2012 máis de 38.000 horas de formación dixital gratuíta, o dobre que en 2011

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiu este ano máis de 38.000 horas de formación dixital gratuíta, o dobre que 2011. Ademais, en 2012 duplicáronse os usuarios rexistrados do ano anterior superando os 21.000. Estes datos sitúan a Rede CeMIT como a iniciativa co maior número de usuarios fóra da educación regrada e cun nivel de satisfacción dun 8,75% sobre 10.

O Centro Demostrador TIC amosou este ano a oferta tecnolóxica galega a máis de 250 empresas de diversos sectores produtivos

O Centro Demostrador TIC amosou este ano a oferta tecnolóxica galega a máis de 250 empresas de diversos sectores produtivos

O Centro Demostrador TIC (CDTIC), que ten como obxectivo amosar aos sectores produtivos como as novas tecnoloxías poden mellorar a súa competitividade, acolleu durante este ano 2012 dezasete sesións demostradoras nas que participaron máis de 250 empresas dos sectores agroalimentario, sociosanitario, de comercio, do ensino e da automoción. Os asistentes puideron coñecer de primeira man máis de trinta solucións tecnolóxicas específicas que o sector TIC galego pon ao seu servizo.

A Amtega e o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia liberarán no repositorio de Software Libre da Xunta dúas aplicacións pioneiras na xestión turística

A Amtega e o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia liberarán no repositorio de Software Libre da Xunta dúas aplicacións pioneiras na xestión turística

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a colaborar co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG)  para liberar dúas aplicacións desenvolvidas este ano por este organismo e que están a  ter una gran acollida entre o sector tanto en Galicia como no resto do Estado. Tratase da  aplicación de xestión de establecemento hostaleiros e do aplicativos de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real.

Nos últimos tres anos a Xunta cuadriplicou a velcocidade media de conexión a internet dos centros educativos galegos

Nos últimos tres anos a Xunta cuadriplicou a velcocidade media de conexión a internet dos centros educativos galegos

A Xunta de Galicia, a través do Plan de Banda Larga da Xunta, está a realizar un amplo despregamento de infraestruturas de telecomunicacións para dotar de cobertura a toda a poboación e  mellorar a conectividade dos centros educativos e administrativos da Comunidade.

Máis de 220 concellos galegos superan a porcentaxe do 90% de habitantes con cobertura de internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 220 concellos galegos superan a porcentaxe do 90% de habitantes con cobertura de internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

No 2013 o Plan de Banda Larga completará os despregamentos de redes fixas e sen fíos que permitirán superar o 97% de poboación con cobertura de internet e chegar ao 3% restante, que habita nas zonas máis illadas de Galicia, vía satélite. Cumprirase así a directriz da Axenda Dixital Europea de que todos os cidadáns teñan acceso a banda larga en 2013.

A Xunta completou en 2012 a implantación de Lexnet en todos os órganos xudiciais da Comunidade, que realizaron 2,5 millóns de notificacións telemáticas a través deste sistema

A Xunta completou en 2012 a implantación de Lexnet en todos os órganos xudiciais da Comunidade, que realizaron 2,5 millóns de notificacións telemáticas a través deste sistema

O pasado ano realizáronse en Galicia un total de 2.551.458 notificacións telemáticas a través da aplicación Lexnet, unha plataforma de intercambio seguro de información entre os axentes do ámbito xudicial, que permite as notificacións de xeito telemático, a presentación de escritos e demandas utilizando a sinatura dixital.

O Roadshow Movistar Galicia achega as vantaxes de internet e os avances do Plan de Banda Larga da Xunta a 82 municipios do rural galego

O Roadshow Movistar Galicia achega as vantaxes de internet e os avances do Plan de Banda Larga da Xunta a 82 municipios do rural galego

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) de Galicia e Movistar presentaron hoxe en Santiago de Compostela o percorrido e as características da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, un aula móbil que visitará durante os vindeiros 4 meses 82 municipios galegos co obxectivo de trasladar as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.

O CPETIG súmase á defensa da profesión realizada polo CONCITI en relación ao Anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais

O CPETIG súmase á defensa da profesión realizada polo CONCITI en relación ao Anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) ven de sumarse á defensa da profesión realizada pola Xunta de Goberno do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI), con motivo do coñecemento das liñas maestras do Anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais elaborado polo Ministerio de Economía e Competitividade.