O Consello de Turismo de Galicia informa favorablemente sobre o Plan sectorial de Retegal

O Consello de Turismo de Galicia informa favorablemente sobre o Plan sectorial de Retegal

Evacuar os informes e consultas que sobre plans e proxectos en materia turística que lle sexan solicitados por calquera das Administracións Públicas de Galicia e emitir informe con carácter preceptivo sobre os plans sectoriais de interese xeral, son, segundo explicou hoxe a secretaria xeral para o Turismo funcións do Consello do Turismo de Galicia.

A iniciativa "Miradas de muller" comeza mañá nos concellos de Abegondo, Noia, Ortigueira, Pontevedra, Celanova e Verín

A iniciativa "Miradas de muller" comeza mañá nos concellos de Abegondo, Noia, Ortigueira, Pontevedra, Celanova e Verín

Os concellos de Abegondo, Noia, Ortigueira, Pontevedra, Celanova e Verín acollen mañá, 14 de febreiro, a primeira sesión formativa da iniciativa “Miradas de Muller”, que  ten como obxectivo fomentar o autoemprego e o emprendemento feminino a través da fotografía dixital. As 90 participantes destes municipios recibirán a primeira charla do itinerario formativo a través de videconferencia desde as aulas CeMIT destas localidades.

Turismo de Galicia ofrece gratuitamente unha aplicación para teléfonos intelixentes sobre enoturismo

Turismo de Galicia ofrece gratuitamente unha aplicación para teléfonos intelixentes sobre enoturismo

A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, acompañada pola directora-xerente de Turgalicia, Carmen Pita, presentou hoxe a nova ferramenta de Turismo de Galicia para a promoción do enoturismo e a enogastronomía a través da utilización das novas tecnoloxías dos teléfonos intelixentes. A nova aplicación, que se pode descargar de xeito gratuíto a través das bibliotecas ou app stores dos teléfonos Iphone, Android ou Blackberry, búscase introducindo as palabras ‘Enoturismo Galicia’.

Arranca na Guarda, As Pontes, Mugardos, Tomiño, Valga, Burela e Xunqueira de Ambía a iniciativa de autoemprego feminino 'Miradas de Muller'

Arranca na Guarda, As Pontes, Mugardos, Tomiño, Valga, Burela e Xunqueira de Ambía a iniciativa de autoemprego feminino 'Miradas de Muller'

Os concellos de A Guarda, As Pontes, Mugardos, Tomiño, Valga, Burela e Xunqueira de Ambía, acollen mañá primeira sesión formativa da iniciativa “Miradas de Muller”, que ten como obxectivo fomentar o autoemprego e o emprendemento feminino a través da fotografía dixital. As 49 participantes destes municipios recibirán a primeira charla do itinerario formativo a través de videconferencia.

O secretario xeral de Medios intervén na sesión inaugural da Xornada Facebook para Pemes

O secretario xeral de Medios intervén na sesión inaugural da Xornada Facebook para Pemes

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, interveu na sesión inaugural da Xornada Facebook para Pemes, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración coa Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme) e Facebook.

O Centro Demostrador TIC inicia a súa actividade deste ano cun seminario sobre como usar internet para incrementar as vendas

O Centro Demostrador TIC inicia a súa actividade deste ano cun seminario sobre como usar internet para incrementar as vendas

Os vindeiros 21 e 22 de febreiro, en horario de 10:00 a 19:00 horas, terá lugar no Centro Demostrador TIC, dependente da Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega), o obradoiro de formación “Presenza en internet e redes sociais: Como usar internet para aumentar vendas”, que será impartido polo consultor especialista en marketing online, e-commerce e presenza en redes sociais, Javier Rocamora.

A aula móbil da Xunta e Movistar chega a Celanova, onde o Plan de Banda Larga achegou internet a case 12.000 veciños da comarca sen cobertura

A aula móbil da Xunta e Movistar chega a Celanova, onde o Plan de Banda Larga achegou internet a case 12.000 veciños da comarca sen cobertura

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá en Celanova o Roadshow Movistar Galicia, a aula móbil que ten por obxectivo achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural e dar a coñecer os avances do Plan de Banda Larga do Goberno galego. No acto estivo acompañado polo alcalde do municipio, José Luis Ferro.

O emprego da videoconferencia nos órganos xudiciais galegos permitiu aforrar máis de 260.000 euros en desprazamentos en 2012

O emprego da videoconferencia nos órganos xudiciais galegos permitiu aforrar máis de 260.000 euros en desprazamentos en 2012

Durante 2012 realizáronse un total de 2.449 videoconferencias nos órganos xudiciais galegos, que permitiron un aforro estimado, só en desprazamentos, superior aos 260.000 euros.  A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), rematou o ano pasado a posta en marcha desta rede ao finalizar o despregamento de 22 novos terminais de sala.

A Amtega e as tres universidades galegas colaboran para incorporar a 150 estudantes e profesores de telecomunicacións e informática ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

A Amtega e as tres universidades galegas colaboran para incorporar a 150 estudantes e profesores de telecomunicacións e informática ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta está a traballar nun novo proxecto, UNIMÁIS Tic, para fomentar o voluntariado dixital nas tres universidades galegas. Para conseguilo a Xunta e as universidades colaborarán para conseguir que 150 estudantes e profesores das Enxeñarías de Telecomunicacións e Informática participen como voluntarios dixitais nas entidades de acción social galegas. 

Retegal presidirá a Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións (UNIRED) durante o ano 2013

Retegal presidirá a Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións (UNIRED) durante o ano 2013

A sociedade pública Retegal, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, presidirá durante este ano a Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións (UNIRED). Xunto con Galicia están integrados na asociación os operadores Axión, que presta servizo á TV pública de Andalucía, Itelazpi de Euskadi,  Telecom Castilla La Mancha  e Aragonesa de Servizos Telemáticos - AST de Aragón que, en conxunto, xestionan máis de 2.500 centros de telecomunicacións distribuídos por toda a xeografía nacional.