A Rede Cemit rexistra en xuño 27.000 usuarios e supera o obxectivo previsto para todo o ano

A Rede Cemit rexistra en xuño 27.000 usuarios e supera o obxectivo previsto para todo o ano

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiu no primeiro semestre do ano máis de 15.000 horas de formación dixital gratuíta nas 98 aulas que a integran. O número de usuarios rexistrados ata xuño superaba os 27.000, cun nivel de satisfacción dun 8,8 sobre 10 en canto á formación e aos servizos dispoñibles na rede. Con esta cifra a Rede Cemit supera, nos primeiros seis meses do ano, o obxectivo de acadar en 2013 os 25.000 usuarios.

Galicia reduciu a fenda dixital de xénero nos últimos catro anos e continua por baixo da media estatal

Galicia reduciu a fenda dixital de xénero nos últimos catro anos e continua por baixo da media estatal

A fenda dixital de xénero no uso de Internet en Galicia sitúase en 3,9 puntos fronte aos 5,2 da media estatal. Así, en Galicia, un 55,5% das mulleres e un 59,4% dos homes fixo uso de Internet nos últimos tres meses.

No período 2008-2012 a porcentaxe de mulleres galegas que utilizan Internet incrementouse máis de 11 puntos porcentuais, permitindo reducir a diferenza no uso de Internet entre homes e mulleres en 2,6 puntos respecto ao ano 2008. A nivel estatal, a diminución da fenda foi de 2,7 puntos durante estes catro anos.

Reclusos dos centros penitenciarios galegos recibirán formación en novas tecnoloxías e software libre grazas ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

Reclusos dos centros penitenciarios galegos recibirán formación en novas tecnoloxías e software libre grazas ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

O Programa Voluntariado Dixital, en colaboración coa Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, impartirá entre setembro e decembro obradoiros sobre tecnoloxía e software libre nos centros penitenciarios de Bonxe (Lugo), Teixeiro (A Coruña), Pereiro de Aguiar (Ourense), A Lama (Pontevedra) e os Centros de Inserción Social Carmen Avendaño de Vigo e Carmela Arias y Díaz de Rábago de A Coruña.

Cultura e Educación promove o vindeiro 27 de setembro no Gaiás a unión entre creatividade e tecnoloxía

Cultura e Educación promove o vindeiro 27 de setembro no Gaiás a unión entre creatividade e tecnoloxía

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove no Gaiás a unión entre creadores e o mundo das novas tecnoloxías a través da terceira xornada do ciclo Economía e Cultura, que terá lugar o 27 de setembro na Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura.

A Xunta aposta pola formación en competencias dixitais en ofimática dos empregados públicos galegos

A Xunta aposta pola formación en competencias dixitais en ofimática dos empregados públicos galegos

A Xunta aposta pola formación en competencias dixitais en ofimática dos empregados públicos galegos. Deste xeito, a Escola Galega da Administración Pública e a Amtega puxeron en marcha o ‘Plan formativo ofimático de Galicia’, incluído dentro do Plan estratéxico Galicia 2010-2014 e da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.

O Blog Xente Dixital, un espazo para difundir, compartir coñecementos e consellos prácticos sobre tecnoloxía

O Blog Xente Dixital, un espazo para difundir, compartir coñecementos e consellos prácticos sobre tecnoloxía

Desde o pasado mes de xuño o blog XD, Xente Dixital, está a difundir dun xeito ameno e sinxelo as vantaxes que a tecnoloxía achega a vida cotiá. Xente Dixital é unha iniciativa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) dirixida a todo o mundo e aberta á colaboración e as achegas dos internautas para informar, compartir coñecementos e consellos prácticos sobre a tecnoloxía

O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o premio Wonenburguer 2013 á farmacéutica María José Alonso

O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o premio Wonenburguer 2013 á farmacéutica María José Alonso

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, celebrado en Santiago, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso.

Raquel Arias subliña que “a provincia de Lugo é a que máis incrementou a poboación con acceso a Internet” grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Raquel Arias subliña que “a provincia de Lugo é a que máis incrementou a poboación con acceso a Internet” grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O Plan de Banda Larga da Xunta posibilitou que, hoxe, arredor de 326.000 habitantes da provincia de Lugo dispoñan de acceso á rede. Dende o inicio do Plan, este facilitou xa que máis de 136.000 habitantes da provincia de Lugo que carecían de cobertura poidan acceder á rede. Así o indicou hoxe en rolda de prensa a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

A máxima representante do Executivo galego en Lugo significou que na provincia hai 9.929 núcleos de poboación, dos que xa se cubriron, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta, máis de 8.400 (un 84,7%).

Familias e pemes da zonas máis illadas da provincia da Coruña xa poden acceder as axudas da Xunta para contratar internet vía satélite

Familias e pemes da zonas máis illadas da provincia da Coruña xa poden acceder as axudas da Xunta para contratar internet vía satélite

Familias e pemes da zonas con máis dificultades de cobertura da provincia da Coruña poden solicitar ata o 30 de setembro ás axudas da Xunta para contratar Internet vía satélite. O programa conta este ano cun investimento de 359.000 euros e permitirá achegar a banda larga a arredor de 2.000 fogares e pemes de toda Galicia que non dispoñan de acceso á banda larga de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.

A web da Xunta conta cunha nova funcionalide que facilta a localización de 4.300 centros de servizos públicos da comunidade

A web da Xunta conta cunha nova funcionalide que facilta a localización de 4.300 centros de servizos públicos da comunidade

O portal da Xunta www.xunta.es vén de poñer á disposición da cidadanía unha nova aplicación, “Servizos no mapa”, que facilita a localización dos equipamentos e servizos da Administración pública (culturais, educativos, sanitarios...) tanto autonómica coma estatal e local. O acceso a “Servizos no mapa” está dispoñible no portal corporativo, en Espazo e!