A Xunta aposta pola modernización tecnolóxica da contratación pública para favorecer ás pemes e aos concellos

A Xunta aposta pola modernización tecnolóxica da contratación pública para favorecer ás pemes e aos concellos

O director xeral da Administración Local, Norberto Uzal, participou esta mañá nunha mesa redonda na que destacou os avances realizados pola Xunta na modernización tecnolóxica da contratación pública e o beneficio que esta supón para as Pequenas e Medianas Empresas e concellos.

Uzal explicou que a contratación pública está sendo obxecto de numerosas accións e medidas lexislativas por parte da Unión Europea, co obxectivo de impulsar a implantación dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos nos procesos que lle afectan.

A Xunta renova o servizo de telecomunicacións do Sergas, que garante unha rede máis completa e moderna nos centros sanitarios cun aforro de case un 20 por cento

A Xunta renova o servizo de telecomunicacións do Sergas, que garante unha rede máis completa e moderna nos centros sanitarios cun aforro de case un 20 por cento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras o Consello, a renovación do servizo de rede de telecomunicacións do Sergas, que garantirá unha rede máis completa e moderna nos centros sanitarios pese a que supón un aforro de case un 20 por cento.

A Amtega e a Asociación Galega de Empresas de Software Libre presentan unha guía gratuíta de solucións TIC para autonómos

A Amtega e a Asociación Galega de Empresas de Software Libre presentan unha guía gratuíta de solucións TIC para autonómos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), presentaron esta semana a Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais autónomos.

Trátase dun documento de consulta, elaborado por AGASOL, que ofrece un conxunto de materiais didácticos e información sobre ferramentas tecnolóxicas de utilidade para poder xestionar, comunicar, organizar, difundir, vender, etc. dun xeito áxil e eficiente en calquera ámbito negocio.

O portal eXustiza abre as portas na rede para facilitar a relación da cidadanía coa admnistracion xudicial

O portal eXustiza abre as portas na rede para facilitar a relación da cidadanía coa admnistracion xudicial

www.exustiza.es é o portal que conecta a Administración de Xustiza de Galicia coa cidadanía. A Xunta vén de poñer en marcha a primeira fase deste espazo específico do eido xudicial, que ofrece información práctica para o cidadán na súa relación coa Xustiza.

O Colexio de Enxeñaría Técnica Informática organiza o seminario "Os menores e o uso seguro das redes sociais"

O Colexio de Enxeñaría Técnica Informática organiza o seminario "Os menores e o uso seguro das redes sociais"

O próximo 26 de Setembro terá lugar en Santiago de Compostela o seminario gratuíto “Os menores e o uso seguro das redes sociais” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG); unha actividade enmarcada no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e en colaboración co Centro Demostrador TIC de Galicia.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica recibe o premio CIO Directions 2013 como o organismo público máis innovador

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica recibe o premio CIO Directions 2013 como o organismo público máis innovador

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, recolleu esta mañá en Madrid o premio CIO Directions 2013, que recoñece o labor da Axencia na definición e desenvolvemento da estratexia tecnolóxica global da Xunta e da súa aposta por un modelo de xestión integrada das TIC na Administración pública.

A Xunta aposta pola modernización da Administración de Xustiza co fin de axilizar os trámites en Galicia

A Xunta aposta pola modernización da Administración de Xustiza co fin de axilizar os trámites en Galicia

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou hoxe a aposta da Xunta pola modernización da Administración de Xustiza co fin de axilizar os trámites en Galicia, no marco da inauguración do segundo curso da Escola de Verán do Ministerio Fiscal.

Pemes e autónomos galegos recibirán asesoramento tecnolóxico da man do CPEIG e Amtega

Pemes e autónomos galegos recibirán asesoramento tecnolóxico da man do CPEIG e Amtega

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) poñen en marcha o Programa de Asesores TIC, para prestar apoio gratuíto ás pequenas e medianas empresas galegas no seu proceso de mellora tecnolóxica. A iniciativa está dirixida a negocios dos sectores da agroalimentación, do mar, da acuicultura e da construción, así como a autónomos que teñan previsto implantar algunha solución TIC no prazo dun ano a partir do comezo do programa.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) celebra as “III Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos”

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) celebra as “III Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos”

Foi no ano 2010 cando desde a Xunta de Galicia se patrocinaban por primeira vez unhas xornadas pioneiras, nas se reunían técnicos e xuristas nun repaso aos delitos informáticos, co obxectivo de informar sobre a súa investigación, persecución e concienciar ademais acerca dos avances en materia probatoria forense neste tipo de delitos.

Galicia sitúase en 2013 como a quinta comunidade con maior número de empresas do sector TIC

Galicia sitúase en 2013 como a quinta comunidade con maior número de empresas do sector TIC

O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou en xuño de 2013 a cifra de 2.029, o que supón un incremento do 2,7% respecto ao ano 2012. Isto sitúa a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas tecnolóxicas, subindo un posto no ranking estatal respecto ao ano anterior e superando o ritmo de crecemento do número de empresas TIC a nivel estatal (1,9%).