A Amtega pon en marcha en outubro un programa de comunicación comercial para empresas do sector tecnolóxico

A Amtega pon en marcha en outubro un programa de comunicación comercial para empresas do sector tecnolóxico

O vindeiro 2 de outubro comeza no Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) o Programa de Training Comercial “Comunicación Comercial no Sector TIC”, que a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha dentro das iniciativas de apoio ao tecido empresarial tecnolóxico da Comunidade.

A Xunta destaca a importancia de potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as mulleres

A Xunta destaca a importancia de potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a importancia de potenciar o uso das novas tecnoloxías entre a poboación feminina e diminuír a fenda dixital existente en relación cos homes.

Susana López Abella participou hoxe na inauguración dunhas xornadas organizadas pola Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña e que levan por título “A innovación tecnolóxica baixo o filtro do xénero”.

Mar Pereira avanza que o Sistema de Información Xeográfica da Xunta mellorará a toma de decisións e o deseño das políticas globais

Mar Pereira avanza que o Sistema de Información Xeográfica da Xunta mellorará a toma de decisións e o deseño das políticas globais

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, avanzou esta mañá en Madrid que o Sistema de Información Xeográfico Corporativo galego, no que está a traballar a Xunta, permitirá orientar a toma de decisións do Goberno galego baseándose nun coñecemento máis exhaustivo de como están distribuídos os recursos no territorio, o cal redundará nun mellor deseño das políticas globais da Administración autonómica.

Os galegos superan a media estatal no uso de dispositivos móbiles

Os galegos superan a media estatal no uso de dispositivos móbiles

A conexión móbil de banda larga está experimentando un significativo crecemento entre a cidadanía galega. O 30,5% dos fogares galegos con servizo de Internet contratado dispón de conexión móbil de banda larga a través dun dispositivo móbil e un 12,5% vía módem USB ou tarxeta, a través de ordenadores portátiles.

O CCVV dá o salto ás redes sociais e xa está presente en Facebook, Twitter e a través do seu propio blog

O CCVV dá o salto ás redes sociais e xa está presente en Facebook, Twitter e a través do seu propio blog

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) vén de dar o salto ás novas tecnoloxías e, dende hai uns días, xa está presente nas redes sociais contando con páxina oficial no Facebook (https://www.facebook.com/ConsorcioCCVV), conta oficial en Twitter (https://twitter.com/ConsorcioCCVV) e contar tamén cun blog propio (https://consorciocascovellodevigo.wordpress.com/).

Economía e Industria apoia a implantación na Coruña dunha compañía holandesa líder en desenvolvemento de aplicacións móbiles

Economía e Industria apoia a implantación na Coruña dunha compañía holandesa líder en desenvolvemento de aplicacións móbiles

A Consellería de Economía e Industria vén de concluír un proceso de apoio integral á compañía holandesa MobGen, especializada en desenvolvemento de aplicacións para móbiles, para facilitar a primeira implantación desta empresa en España cunha sede en A Coruña. MobGen emprega a 75 persoas en Holanda e ten oficinas comerciais en Londres e Singapur.

A proposta de flexibilidade horaria e teletraballo da Xunta recibe o respaldo dos sindicatos

A proposta de flexibilidade horaria e teletraballo da Xunta recibe o respaldo dos sindicatos

A Comisión de persoal da Xunta de Galicia aprobou esta mañá a orde que regulará, por primeira vez en Galicia, o teletraballo e a flexibilidade horaria dos empregados públicos autonómicos. Tras ser sometida a votación, esta orde conxunta da Vicepresidencia e Facenda recibiu tres votos a favor por parte das organizacións sindicais.

O Plan de Banda Larga da Xunta e R facilitan o acceso a redes de fibra óptica con velocidades de 200 megas

O Plan de Banda Larga da Xunta e R facilitan o acceso a redes de fibra óptica con velocidades de 200 megas

O operador galego R xa comezou a comercialización na Comunidade de accesos ultrarrápidos de 200 megas de baixada e 10 megas de suba, dentro dos compromisos adquiridos na extensión de redes de Nova Xeración que R está a desenvolver no marco do Plan de Banda Larga da Xunta.

Máis de 800 familias e empresas de toda Galicia solicitaron as axudas da Xunta para acceder a Internet vía satélite

Máis de 800 familias e empresas de toda Galicia solicitaron as axudas da Xunta para acceder a Internet vía satélite

Un total de 858 familias e empresas solicitaron en dous meses ás axudas da Xunta para contratar o servizo de conexión a internet vía satélite. Esta actuación corresponde a última liña do Plan de Banda Larga da Xunta e está destinada ás zonas da Comunidade máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible a través desta tecnoloxía.

A Xunta destinará 8 millóns á planificación tecnolóxica dos servizos sociais públicos, co obxectivo de contar cunha historia social única e compatible coa sanitaria

A Xunta destinará 8 millóns á planificación tecnolóxica dos servizos sociais públicos, co obxectivo de contar cunha historia social única e compatible coa sanitaria

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta destinará 8 millóns de euros á planificación tecnolóxica dos servizos sociais públicos, con tres obxectivos fundamentais: facer realidade a aspiración dunha historia social única para cada usuario, que poida cruzarse coa historia clínica electrónica e que, deste xeito, permita en consecuencia unha necesaria coordinación -cada vez con máis intensidade- entre o Servizo Galego de Saúde e os servizos sociais; mellorar os servizos que se lle dá aos usuarios dos dispositivos asistenciais, tanto para acceder a eles como par