Benestar e o Valedor lanzan un cómic para fomentar o bo uso de Internet e das redes sociais entre a mocidade

Benestar e o Valedor lanzan un cómic para fomentar o bo uso de Internet e das redes sociais entre a mocidade

A Consellería de Traballo e Benestar vén de colaborar co Valedor do Pobo no lanzamento dun cómic que pretende fomentar o bo uso de Internet e as redes sociais entre a mocidade galega de forma “sinxela, directa e accesible”. A tirada da primeira edición será de 30.000 exemplares que se distribuirán en centros educativos de Educación Secundaria.

Familias e pemes das zonas máis illadas da provincia de Ourense xa poden acceder ás axudas da Xunta para contratar Internet vía satélite

Familias e pemes das zonas máis illadas da provincia de Ourense xa poden acceder ás axudas da Xunta para contratar Internet vía satélite

Familias e pemes das zonas con máis dificultades de cobertura da provincia de Ourense poden acceder ata o 30 de setembro ás axudas da Xunta para contratar Internet vía satélite. O programa conta este ano cun investimento de 359.000 euros e permitirá achegar a banda larga a arredor de 2.000 fogares e pemes de toda Galicia que non dispoñan de acceso á banda larga de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.

Cores Tourís subliña que “Pontevedra é a provincia galega con maior cobertura de Internet” grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Cores Tourís subliña que “Pontevedra é a provincia galega con maior cobertura de Internet” grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Mondariz onde, en compaña do alcalde da localidade, Julio Alén, fixo balance da actual situación da cobertura de acceso á rede na provincia de Pontevedra.

Nesta visita, o delegado territorial estivo acompañado polo xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro.

A AMTEGA celebra mañá un seminario no que se abordarán os retos na adopción do Cloud Computing nas empresas

A AMTEGA celebra mañá un seminario no que se abordarán os retos na adopción do Cloud Computing nas empresas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra mañá, 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 no Centro Demostrador TIC o seminario “Retos na adopción do Cloud Computing” dirixido a profesionais do sector TIC. A asistencia ao seminario é de balde, condicionada ao aforo da sala e previa inscrición en: http://cdtic.xunta.es/retos-cloud.

O Plan de Banda Larga da Xunta e R acadan, con case medio ano de adianto, o obxectivo de facilitar o acceso á redes de fibra óptica de 100 megas a máis de un millón de galegos

O Plan de Banda Larga da Xunta e R acadan, con case medio ano de adianto, o obxectivo de facilitar o acceso á redes de fibra óptica de 100 megas a máis de un millón de galegos

Máis de un millón de galegos teñen acceso ás redes de fibra óptica de 100 Mbps grazas a R e ao Plan de Banda Larga da Xunta. A extensión destas redes de Nova Xeración (NGAs) en núcleos de máis de 500 habitantes, fóra das grandes cidades, é unha das liñas do Plan, que está a desenvolver a Administración autonómica en colaboración co operador galego R e que conta cun investimento total de máis de 129 millóns de euros dos que a Xunta achega o 20%.

O director xeral de Xuventude participa nas actividades do grupo Tecnoxove en Barrantes

O director xeral de Xuventude participa nas actividades do grupo Tecnoxove en Barrantes

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron hoxe nas actividades do grupo informal en Tecnoxove, no marco do proxecto Iniciativa Xove.

Feijóo asegura que a chegada da internet ao Camiño de Santiago “contribúe a que o carácter democrático e universal das rutas xacobeas se vexa aínda máis reforzado”

Feijóo asegura que a chegada da internet ao Camiño de Santiago “contribúe a que o carácter democrático e universal das rutas xacobeas se vexa aínda máis reforzado”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou no día de hoxe un acordo de colaboración co ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, para o impulso do Camiño de Santiago Intelixente. O titular do Goberno Autonómico salientou a importancia dun convenio que “contribúe a que o carácter democrático e universal das rutas xacobeas se vexa aínda máis reforzado”.

A sede electrónica da Xunta permite a presentación ‘on line’ de 572 trámites administrativos a cidadáns e empresas

A sede electrónica da Xunta permite a presentación ‘on line’ de 572 trámites administrativos a cidadáns e empresas

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, destacou esta mañá o importante avance na incorporación de procedementos á sede electrónica, que a 31 de agosto permitía a cidadáns e empresas realizar 572 trámites online a través do enderezo https://sede.xunta.es; o que supera o 36% dos trámites totais perante a Administración autonómica.

Máis de 74.700 habitantes da área metropolitana de Vigo poden ter acceso á Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 74.700 habitantes da área metropolitana de Vigo poden ter acceso á Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O Plan de Banda Larga da Xunta posibilitou que, a día de hoxe, máis de 74.700 habitantes de Vigo e a súa área metropolitana dispoñan de acceso a Internet. Dende os seus inicios, o plan, levado a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), facilitou que máis de 74.700 habitantes dos 14 concellos que conforman a área territorial de Vigo, que carecían de cobertura, poidan ter acceso á Rede. Así o indicou hoxe en rolda de prensa a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

A Xunta incide na necesaria modernización da administración pública coma base da estratexia 2020 da Unión Europea

A Xunta incide na necesaria modernización da administración pública coma base da estratexia 2020 da Unión Europea

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu hoxe na necesaria modernización da administración pública coma base da Estratexia Europa 2020 da Unión Europea para acadar un crecemento intelixente, sostible e integrador.