A Xunta instalará unha nova torre e realizará melloras no centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e de Coirós reciban un mellor sinal de TDT

A Xunta instalará unha nova torre e realizará melloras no centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e de Coirós reciban un mellor sinal de TDT

A Xunta de Galicia instalará o vindeiro luns, 11 de novembro, unha nova torre de soporte e mellorará o equipamento do centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e do de Coirós reciban con maior calidade o sinal de TDT. Para acometer estas obras, o Goberno galego investirá un total de 50.000 euros.

A nova torre, de 30 metros de altura, permitirá solucionar os problemas de cobertura de TDT detectados ata o momento nestas localidades, que afectaban a todas as canles, a excepción de Televisión Española.

Telefónica adhírese ao pacto dixital de Galicia coa posta en marcha dun centro de emprendemento TIC no Gaiás

Telefónica adhírese ao pacto dixital de Galicia coa posta en marcha dun centro de emprendemento TIC no Gaiás

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Telefónica, César Alierta, asinaron esta mañá a adhesión do operador ao Pacto Dixital de Galicia, un acordo no que tanto o Goberno galego como as empresas asinantes asumen un decálogo de compromisos para atraer investimento a Galicia, favorecer a internacionalización das pemes galegas e lograr a colaboración activa entre as grandes e pequenas empresas para conseguir o crecemento do sector.

A Amtega expón as iniciativas do Programa de voluntariado dixital da Xunta no Seminario europeo Grundvitg

A Amtega expón as iniciativas do Programa de voluntariado dixital da Xunta no Seminario europeo Grundvitg

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) participa hoxe e mañá no seminario Grundtvig, unha iniciativa do proxecto “Servizos para voluntarios europeos, SERVE”, integrado por entidades europeas de voluntariado, que se celebra en Santiago de Compostela, organizada pola Escola Galega de Consumo, un dos socios do proxecto.

A iniciativa Miradas de muller celebra este xoves en Santiago un taller formativo sobre fotografía dixital

A iniciativa Miradas de muller celebra este xoves en Santiago un taller formativo sobre fotografía dixital

O vindeiro xoves, 14 de novembro, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o III Taller formativo do proxecto Miradas de Muller da Rede CeMIT, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec e a Escola de Fotografía EFTI.

A Xunta deseña a Estratexia de Crecemento Dixital para dar continuidade aos logros tecnolóxicos alcanzados en Galicia e converxer coa UE en 2020

A Xunta deseña a Estratexia de Crecemento Dixital para dar continuidade aos logros tecnolóxicos alcanzados en Galicia e converxer coa UE en 2020

Unha semana despois de aprobar a Estratexia de Especialización Intelixente, o presidente da Xunta avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a Estratexia de crecemento dixital para dar continuidade aos logros tecnolóxicos alcanzados en Galicia e converxer coa Unión Europea en 2020.

A Xunta avoga pola colaboración de pais e nais para que os seus fillos fagan un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

A Xunta avoga pola colaboración de pais e nais para que os seus fillos fagan un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

O Goberno galego considera fundamental a colaboración e a implicación dos pais e nais para que os seus fillos fagan un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías. Precisamente para afondar sobre este tema celébrase hoxe a duodécima edición da xornada “Educando en Igualdade”, que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade baixo o título “cidadanía e convivencia dixital”.

Internos do Centro Penitenciario de Teixeiro fórmanse en TIC e software libre grazas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta

Internos do Centro Penitenciario de Teixeiro fórmanse en TIC e software libre grazas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta

O Programa Voluntariado Dixital da Xunta e a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, poñen en marcha hoxe en Teixeiro (A Coruña) o cuarto dos talleres da iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”.

O proxecto, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías e o software libre a 70 reclusos dos centros penitenciarios existentes en Galicia.

A Xunta pon á disposición dos profesionais da administración pública de Galicia o novo tradutor automático ‘Gaio’

A Xunta pon á disposición dos profesionais da administración pública de Galicia o novo tradutor automático ‘Gaio’

O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá a presentación do novo tradutor automático Gaio, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da empresa galega Imaxín Software, para reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local e facilitarlles aos profesionais públicos a tradución directa e inversa do galego ao castelán na documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos, ademais de consolidar a aplicac

A Xunta reúne nunha xornada 13 exemplos de boas prácticas de responsabilidade social empresarial do sector tecnolóxico en Galicia

A Xunta reúne nunha xornada 13 exemplos de boas prácticas de responsabilidade social empresarial do sector tecnolóxico en Galicia

Divulgar os beneficios e vantaxes da Responsabilidade Social Empresarial no eido específico das empresas tecnolóxicas é o obxectivo da Xornada que se celebra mañá no Edificio CINC da Cidade da Cultura. O encontro organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar reúne a 13 empresas TIC que exporán casos reais de boas prácticos en diferentes ámbitos da RSE

A Xunta avanza na modernización da xustiza coa implantación do expediente dixital electrónico e a extensión dos servizos dixitais

A Xunta avanza na modernización da xustiza coa implantación do expediente dixital electrónico e a extensión dos servizos dixitais

A Xunta de Galicia está levando a cabo unha serie de actuacións en materia tecnolóxica co fin de acometer a modernización da Xustiza de xeito que se acade un servizo público máis moderno e eficaz. Nunha comparecencia parlamentaria, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asegurou que se está traballando de xeito prioritario na implantación do expediente dixital electrónico e no desenvolvemento de servizos dixitais no ámbito xudicial, tal como se reflicte no convenio asinado hai uns meses entre a Xunta e o Goberno do Estado.