‘Programación para dispositivos móbiles’, cunha duración de 30 horas en horario de mañá, e ‘Innovación Social’, polas tardes e durante 25 horas, son as dúas actividades coas que arrinca mañá, luns 22 de setembro, a iniciativa ‘Faite Dixit@l!’. Este itinerario de capacitación tecnolóxica, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Academia Postal e Fundetec, ofrece aos participantes ferramentas para favorecer a súa empregabilidade, potenciar o emprendemento en materia tecnolóxica e a adquisición de novas competencias dixitais.
No período 2013-2014, o uso das TIC nas microempresas galegas superou a media estatal en dispoñibilidade de telefonía móbil, páxina web, usos de redes sociais, así como na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet. Respecto ás empresas galegas de 10 ou máis empregados, todas dispoñen de banda larga e incrementaron nun 30% o uso das redes sociais no último ano.
A oferta formativa posta en marcha polo Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), está a ter unha moi boa acollida. Proba disto é o éxito dos tres seminarios previstos para os próximos días, “Community Manager”, “Desenvolvemento de aplicacións en Android” e “Administración avanzada de Drupal” cuxas prazas, nos tres casos, xa están esgotadas.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, que oferta 360 prazas. Par acadar a certificación, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é preciso superar un exame, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación a través das aulas CeMIT.
Para acceder a este curso, os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame.
Os Concellos de Monforte, Mos, Ponteareas, Tui e Verín terán acceso a servizos dixitais da Administración electrónica que ofrece o Estado. Estes municipios son os primeiros en adherirse ao convenio asinado no seu día pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que permite á Administración autonómica actuar como nodo de interoperabilidade, facilitando a conexión das entidades locais a servizos proporcionados polo Estado.
Analizar o poder do xogo e a gamificación orientada a resultados de negocio e dar a coñecer casos de éxito son os obxectivos do seminario “Aplicación da gamificación na empresa: motivación e produtividade”. A xornada terá lugar nas instalacións do Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o vindeiro 2 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e será retransmitida en streaming.
O primeiro día de inscrición e en tan só oito horas cubríronse as 360 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta. Trátase da primeira convocatoria para acadar este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que acredita a formación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada. A convocatoria publicouse no DOG o pasado xoves 25 de setembro, indicando que se abría a inscrición ao día seguinte.
Un 69,1% dos fogares de Galicia están conectados á Rede mediante banda larga, un 8% máis que en 2013, o que sitúa á Comunidade a catro puntos da media estatal, que creceu un 6%. Así o indican os últimos datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2014.